"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
REXIÓNS
Rexión histórica de Alemaña, que ten como centro a cidade de Münster. Foi poboada polos westfalen, de orixe saxoa. No s X formou parte do ducado de Saxonia. No s XII o nome de Westfalia indicaba o territorio comprendido entre os ríos Rin e Weser. Coa división do condado de Saxonia (1180?), creouse o ducado de Westfalia baixo a xurisdición dos arcebispos de Colonia. En 1805 a súa parte setentrional pasou a formar parte de Hannover e Oldenburg, e o resto foi incorporado a Prusia. En 1807 formouse o Reino de Westfalia. Unida á Renania setentrional, constitúe o land de Renania do Norte-Westfalia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordos asinados simultaneamente en Münster e Osnabrück, o 24 de outubro de 1648, que puxeron fin á Guerra dos Trinta Anos. Alemaña saíu descomposta dela e Francia foi a gran triunfadora, pois obtivo os bispados de Metz, Toul e Verdún, dez ducados en Alsacia, o Sundgau e as cidades de Breisach e Pinerolo. Suecia recibiu a Pomerania occidental, a cidade de Stettin e as illas de Rügen e Usedom. Brandeburgo, protexido por Francia, recibiu o principado de Cammin, Pomerania oriental, os bispados de Halberstadt e Minden e o ducado de Hohenstein. Mecklenburg recibiu os bispados de Schwerin e Ratzeburg. O Palatinado renano foille restituído a Carlos Luís, fillo de Federico V. Foi recoñecida a independencia dos Países Baixos e Suíza.
-
REINOS
Estado creado por Napoleón I Bonaparte en 1807, tras a Paz de Tilsit, a partir dos territorios situados na banda esquerda do Elba e tamén con outros territorios ocupados polos aliados prusianos, como Braunschweig e Corvey. A súa capital era Kassel. O irmán menor de Napoleón, Xerome Bonaparte, foi designado rei do país (Xerome I de Westfalia). Formou parte da Confederación do Rin. Desapareceu en 1813, despois das derrotas de Napoleón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade inglesa de Middlesex que constitúe un barrio central de Londres. Arredor da antiga abadía de Westminster reúnense os edificios máis importantes da cidade como o Parliament, Buckingham Palace, Saint James’ Palace, Law Courts, Whitehall ou a National Gallery. Os edificios da abadía (ss XI-XIII) foron iniciados en 1050 por Eduardo III de Wessex. Panteón real, nela coróanse tradicionalmente os reis ingleses. O Parliament é unha reconstrución do s XIX en estilo gótico Tudor. O palacio, a abadía e a igrexa de Saint Margaret’s foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei que instituíu a Commonwealth of Nations. Preparada pola conferencia imperial de 1927, foi aprobada polo Parliament británico o 11 de decembro de 1931.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alianza entre Inglaterra e Prusia, asinada en Westminster o 16 de xaneiro de 1756. Ao provocar, como reacción, a alianza entre Francia e Austria (Tratado de Versailles, 1756), implicou a inversión de alianzas que levou á Guerra dos Sete Anos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División administrativa de Xamaica (807 km2; 137.700 h [estim 1999]). A súa capital é Savanna-la-Mar (16.600 h [1991]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido en Inglaterra, en 1397, a Ralph Neville (?-1425), cuarto lord Neville of Raby e mariscal de Inglaterra, cuñado do futuro Rei Enrique IV. En 1624 foi concedido a sir Francis Fane (?-1629), barón de Burghersh e lord Despense. O título continúa na familia Fane.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro electricista británico. Especializouse en aparatos de medida eléctricos. En 1888 creou a Weston Electric Instrument Co, onde desenvolveu diversos aparatos, como unha pila patrón (1892) que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo estadounidense. Desenvolveu un estilo pictorialista que logo virou cara á fotografía directa. Realizou series de nús femininos e de primeiros planos de obxectos, nunha fotografía case abstracta.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado de Avon, Inglaterra, Reino Unido (57.980 h [1981]). É un centro balneario e de veraneo á beira do canal de Bristol, na baía homónima.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento arquitectónico dunha determinada clase de igrexa carolinxia, consistente nun corpo colocado na fachada occidental flanqueado por dúas torres, que dá a unha tribuna aberta no interior da igrexa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de fusil de caza ou de guerra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola inglesa de miniaturistas, iniciada en Winchester, que se estendeu por Canterbury e varios mosteiros meridionais nos ss X e XI. Caracterízase polos trazos incisivos e audaces, pola suntuosidade da ornamentación e polo enmarcado con follas de acanto. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >A súa obra mestra é The Benedictional of St Aethelwold (963?-984).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrela cun espectro que presenta liñas de emisión moi brillantes, que corresponden ao helio neutro e ionizado, así como tamén a outros elementos (N, O, Si, C) con ionización múltiple. Coñécense unhas 200, chamadas tamén estrelas W. A máis brillante é o astro γ-Velorum, que pertence á segunda magnitude. Presentan unha luminosidade absoluta da orde de -5.
-
CAPITAIS
Capital do condado de Worcestershire, Inglaterra, Reino Unido (93.353 h [2001]). Situada preto do Severn, é un centro industrial con industria téxtil, de luvas e de porcelana. Principal centro de resistencia realista durante a Guerra Civil inglesa, foi escenario da batalla e a vitoria de Cromwell e os parlamentarios (1651). Destaca a catedral.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Massachusetts, EE UU (172.648 h [2000]). Importante centro industrial ao O de Boston, á beira do Blackstone, posúe fabricas de calzado e de papel.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Inglaterra, Reino Unido (1.761 km2; 542.107 h [2001]). A súa capital é Worcester.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente á órbita dun satélite xeoestacionario.
-
Satélite xeosincrónico de órbita circular, ecuatorial e do mesmo sentido de xiro que o da Terra, que se mantén nunha posición inmóbil sobre a zona terrestre en que foi situado. A altitude da órbita xeoestacionaria é duns 35.800 km.
-