Wolf-Rayet, estrela de

Wolf-Rayet, estrela de
[ASTRON]

Estrela cun espectro que presenta liñas de emisión moi brillantes, que corresponden ao helio neutro e ionizado, así como tamén a outros elementos (N, O, Si, C) con ionización múltiple. Coñécense unhas 200, chamadas tamén estrelas W. A máis brillante é o astro γ-Velorum, que pertence á segunda magnitude. Presentan unha luminosidade absoluta da orde de -5.