"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

    1. Relativo ou pertencente á raza paleonegroide ou aos seus representantes.

    2. Individuo da raza paleonegroide.

    3. Raza do grupo melanodermo cuxos representantes son mesocéfalos, de tamaño un pouco inferior á media, pel escura, cara ampla e baixa, corpo repoludo, nariz amplo e chato, e boca grosa con labios sobresaíntes, que ocupa basicamente as áreas de pluvisilva de África e toda a conca do Congo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda a descrición dos fósiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á paleontografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da xeoloxía que estuda as condicións xeográficas da superficie terrestre ao longo das eras xeolóxicas. Analiza e describe a distribución das terras e dos mares, os sistemas montañosos, as redes hidrográficas, os lagos, a expansión glaciaria, os volcáns, os climas, o reparto das masas vexetais e a fauna. Ocúpase tamén dunha serie de fenómenos, como o desprazamento dos polos ou variación das radiacións solares, que en certa maneira puideron influír na xeografía do pasado. Aínda que o seu dominio comeza coa formación dos primeiros continentes e océanos, comprende esencialmente as eras Primaria, Secundaria, Terciaria e parte da era Cuaternaria. Os métodos de investigación desta ciencia baséanse nas ciencias máis afíns, é dicir, a xeoloxía (estratigrafía, litoloxía ou tectónica), a paleontoloxía (fósiles) e as ciencias da natureza en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, e capital de Gran Canaria, situada ao NO da illa, no punto onde un istmo estreito enlaza co promontorio elevado de La Isleta (100 km2; 354.863 h [2001]). Os barrios da Vegueta e Triana constitúen o núcleo antigo do municipio, con edificios do s XV. A expansión urbana comezada en 1833 foi paralela ao incremento do tráfico portuario. O porto de La Luz vertebrou o municipio moderno e lineal, que contrasta coa parte alta e mais a periferia. É un porto pesqueiro, comercial e de escala na travesía atlántica. Exporta principalmente plátanos, tomates e outros produtos agrícolas. Destacan as industrias pesqueiras, de aparellamento marítimo e de tabaco. O seu recurso principal é o turismo. Antigo campamento dos colonizadores casteláns, foi bispado e adquiriu o nome de Real de Las Palmas a finais do s XV. Os Reis Católicos crearon nela un concello e Filipe II estableceu alí unha audiencia. Foi un porto de importancia estratéxica na ruta das...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos palpígrados.

    2. Artrópodo da orde dos palpígrados.

    3. Orde de artrópodos, da clase dos arácnidos, que inclúe especies de tamaño case microscópico. Habitan na cara interna das pedras. A súa distribución xeográfica é descontinua, posto que teñen necesidades higrométricas moi precisas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido nacionalista negro da República Sudafricana que se formou en 1959 ao escindirse do Congreso Nacional Africano. Defensor do exclusivismo africano, foi ilegalizado en 1960. A partir de 1961 iniciou unha descontinua actividade armada contra o réxime branco desde as súas bases en Zambia e Tanzania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame radiográfico do páncreas tras a inxección dunha substancia iodada de contraste no conduto de Wirsung.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   cincografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xigante protagonista da novela de Rabelais Horribles et épouvantables faits et prouesses du très renommé Pantagruel (1532-1564). Fillo do xigante Gargantúa, cuxas aventuras son narradas xunto ás do seu fillo na primeira parte da novela, Pantagruel é coñecido polo seu amor á boa mesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao personaxe literario Pantagruel.

    2. Aplícase á cantidade de comida excesiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de telegrafía que se emprega na transmisión a distancia de debuxos, manuscritos ou fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega en pantelegrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de aplicar o pantógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento que serve para copiar, ampliando ou reducindo a vontade, un plano, un mapa, ou en xeral un debuxo calquera. Está constituído por catro regras articuladas formando unha reixa. Unha das regras ten un punto que permanece fixo, outra está provista dun estilete con que se segue o debuxo orixinal que se quere copiar, e unha terceira ten un lapis que vai debuxando a copia do orixinal.

    2. Estrutura metálica articulada, con forma de paralelepípedo, que sostén o arco de catenaria nalgúns sistemas de tracción eléctrica e asegura o contacto permanente co cable de contacto da catenaria mediante un sistema de resortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Parada (A Estrada). Ten planta rectangular realizada en cachotaría e dous andares. Destacan as fiestras rectangulares con doseletes e a cornixa moldurada. Nas súas proximidades atópase un hórreo de cinco claros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dividir ou dispoñer un texto en parágrafos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno da escritura caracterizado pola confusión dunhas palabras con outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sección ou subdivisión dun discurso ou dun capítulo, xeralmente numerado, que forma unha unidade polo feito de tratar dun punto en particular.

      2. Cada un dos fragmentos dun escrito ou un impreso separados por un punto e á parte.

    1. Signo gráfico (§) con que se representa cada sección ou subdivisión do discurso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se usa en osteometría para proxectar verticalmente calquera dos puntos osteométricos.

    VER O DETALLE DO TERMO