"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Infección dunha célula bacteriana competente por un ácido nucleico (ADN ou ARN) illado dun bacteriófago, coa consecuente produción de bacteriófagos completos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima que cataliza a transferencia de diversos radicais químicos dun composto a outro.
-
-
Acción e efecto de transferir.
-
Acción de xerar, nun sistema cibernético, un sinal de saída a partir dun sinal de entrada. Chámase transferencia conservativa se a enerxía do sinal de entrada e a do de saída son iguais, transferencia activa se a enerxía do sinal de entrada é inferior á do de saída, e transferencia pasiva se é ao revés.
-
-
Traspaso dunha persoa a outra dun dereito, unha obriga ou a posesión dunha cousa, especialmente relacionado coa propiedade.
-
Documento onde se formaliza a transmisión dunha propiedade.
-
Transmisión unilateral de diñeiro, bens ou servizos que un axente económico, normalmente un estado, realiza a outro cun obxectivo social ou económico, como é o caso dos subsidios, as pensións, as subvencións ou as bolsas de estudos.
-
transferencia bancaria
Operación a través da que se efectúa un traspaso de fondos dunha conta bancaria a outra.
-
transferencia de crédito
Operación que, no marco da legalidade, varía a dotación dos diferentes servizos sen incrementar o gasto total do orzamento dun estado.
-
transferencia de fondos
Envío de fondos que realizan os residentes dun país a outro, sen ser obxecto de contraprestación.
-
-
Paso dun produto intermedio dunha instalación a outra na que ten que reaccionar.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
transferible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser transferido.
-
-
Levar ou transportar algo ou alguén dun lugar a outro.
-
Ceder ou renunciar en favor doutro unha atribución, un dereito ou un dominio sobre unha cousa.
-
Destinar unha cantidade dun orzamento a outro obxecto diferente do que estaba destinada.
-
Efectuar unha transferencia bancaria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Globulina do soro sanguíneo de peso molecular 90.000, que ten como función captar o ferro, acumulalo e transportalo, constituíndo así a principal proteína fixadora de ferro circulante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
transfigurable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode transfigurar.
-
-
Acción e efecto de transfigurar ou transfigurarse.
-
Episodio narrado polos Sinópticos no que Xesús Cristo lles manifestou a súa gloria aos apóstolos Pedro, Santiago e Xoán, sobre unha montaña, identificada na tradición como a de Tabor. A escena foi representada nas artes plásticas desde a Antigüidade e o episodio foi celebrado no calendario litúrxico, impoñendo Calisto III a súa celebración en toda a Igrexa Católica o día 6 de agosto.
-
-
-
Cambiar algo ou a alguén de aspecto, figura ou carácter, principalmente para mellor.
-
Cambiar algo ou alguén de aspecto, figura ou carácter, principalmente para mellor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao número empregado para numerar os conxuntos infinitos.
-
-
Acción de ferir traspasando de parte a parte cunha arma de punta.
-
Procedemento cirúrxico que consiste en atravesar e cortar nun só tempo os tecidos brandos de dentro cara a fóra. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desprazamento dunha parte do xeo dunha lingua glaciaria fóra do seu val, aproveitando un punto baixo do interfluvio. É un fenómeno característico das montañas da zona subártica húmida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aquilo que está ou semella estar máis alá do fondo dunha cousa ou detrás da aparencia ou da intención dunha acción humana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
refonoloxización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
transformable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode transformar.
-
-
Acción e efecto de transformar ou transformarse.
-
Cambio experimentado por unha obriga ou un dereito sen que quede alterado en substancia.
-
Mecanismo de transferencia de material xenético entre bacterias, segundo o que os receptores sofren modificacións nas súas propiedades xenéticas baixo a acción de extractos obtidos a partir doutra cepa.
-
Cada unha das regras ou operacións da gramática xenerativa necesarias para pasar unha frase da estrutura profunda á superficial. Distínguense entre: a deleción, que provoca o cambio estrutural máis simple segundo o esquema a + b + c → a + b (Maruxa escribe un soneto → Maruxa escribe); a inserción que, en contraposición á deleción, serve para introducir un novo elemento na frase, segundo o esquema a + b → a + b + c (O campesiño labra/sen azos/ás presas/agora) e a substitución entendida como a combinación dunha deleción e dunha inserción, responde ao esquema a → b (Os paxes/os soldados entraron). Cando unha parte da estrutura arbórea é substituída por dúas ou máis estruturas diferentes fálase de expansión, que presenta o esquema a → b + c (Pasa a tarde → Pasa/lenta/a tarde/fría de inverno). Se diversos elementos son substituídos por un só...
-
-
Aplicación bixectiva dun conxunto noutro ou en si mesmo. Segundo a definición de F. Klein a xeometría é o estudo das nocións invariantes para un grupo de transformacións. Como exemplos de transformacións no plano poden mencionarse as rotacións, as simetrías axiais ou as translacións, e no espazo as simetrías respecto a un eixe ou a un plano ou as rotacións axiais. Segundo as súas propiedades específicas, as transformacións reciben diversos nomes: transformación ortogonal, lineal, isogonal, isocora, topolóxica ou alxébrica. As transformacións lineais definidas como isomorfismos entre espazos vectoriais chámanse movementos.
-
transformación integral
Operación mediante a que unha función f(x) se transforma noutra función F(y) grazas a relacións de tipo integral. O exemplo máis sinxelo é a simple integración F(y) =∫ a y f(x)dx.
-
transformación lineal
Transformación L que satisfai a propiedade de linearidade, é dicir, tal que L(αv + w) = αL(v) + L(w).
-
-
ariación das funcións de estado dun sistema termodinámico. En toda transformación hai un estado inicial e final, que difire no valor dalgunha función de estado. Se os estados inicial e final son os mesmos fálase de transformación pechada ou ciclo termodinámico. Unha transformación denomínase isoterma se non varía a temperatura, isóbara se mantén a presión, isocora se o fai o volume, isentrópica se o fai a entropía, e adiabática se non hai intercambio de calor co exterior.
-
Operación propia das entidades financeiras de converter un aforro líquido recibido nun crédito a medio ou longo prazo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao transformacionalismo.