transformación

transformación

(< lattransformatĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de transformar ou transformarse.

  2. s f [DER]

    Cambio experimentado por unha obriga ou un dereito sen que quede alterado en substancia.

  3. s f [XEN/MICROB]

    Mecanismo de transferencia de material xenético entre bacterias, segundo o que os receptores sofren modificacións nas súas propiedades xenéticas baixo a acción de extractos obtidos a partir doutra cepa.

  4. s f [LING]

    Cada unha das regras ou operacións da gramática xenerativa necesarias para pasar unha frase da estrutura profunda á superficial. Distínguense entre: a deleción, que provoca o cambio estrutural máis simple segundo o esquema a + b + c → a + b (Maruxa escribe un sonetoMaruxa escribe); a inserción que, en contraposición á deleción, serve para introducir un novo elemento na frase, segundo o esquema a + b → a + b + c (O campesiño labra/sen azos/ás presas/agora) e a substitución entendida como a combinación dunha deleción e dunha inserción, responde ao esquema a → b (Os paxes/os soldados entraron). Cando unha parte da estrutura arbórea é substituída por dúas ou máis estruturas diferentes fálase de expansión, que presenta o esquema a → b + c (Pasa a tardePasa/lenta/a tarde/fría de inverno). Se diversos elementos son substituídos por un só dáse unha redución, e fálase de permutación cando se produce a combinación dunha deleción e unha insercción.

  5. [MAT]
    1. s f

      Aplicación bixectiva dun conxunto noutro ou en si mesmo. Segundo a definición de F. Klein a xeometría é o estudo das nocións invariantes para un grupo de transformacións. Como exemplos de transformacións no plano poden mencionarse as rotacións, as simetrías axiais ou as translacións, e no espazo as simetrías respecto a un eixe ou a un plano ou as rotacións axiais. Segundo as súas propiedades específicas, as transformacións reciben diversos nomes: transformación ortogonal, lineal, isogonal, isocora, topolóxica ou alxébrica. As transformacións lineais definidas como isomorfismos entre espazos vectoriais chámanse movementos.

    2. transformación integral

      Operación mediante a que unha función f(x) se transforma noutra función F(y) grazas a relacións de tipo integral. O exemplo máis sinxelo é a simple integración F(y) =∫ a y f(x)dx.

    3. transformación lineal

      Transformación L que satisfai a propiedade de linearidade, é dicir, tal que L(αv + w) = αL(v) + L(w).

  6. s f [FÍS]

    ariación das funcións de estado dun sistema termodinámico. En toda transformación hai un estado inicial e final, que difire no valor dalgunha función de estado. Se os estados inicial e final son os mesmos fálase de transformación pechada ou ciclo termodinámico. Unha transformación denomínase isoterma se non varía a temperatura, isóbara se mantén a presión, isocora se o fai o volume, isentrópica se o fai a entropía, e adiabática se non hai intercambio de calor co exterior.

  7. transformación de liquido [ECON]

    Operación propia das entidades financeiras de converter un aforro líquido recibido nun crédito a medio ou longo prazo.