"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Que trepida.
-
Que ten un movemento vivo e axitado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Celebración en honor á santa cruz festexada en Laza. Dura varios días nos que normalmente ten lugar unha representación do sacrificio de Isaac, das loitas entre mouros e cristiáns e dunha procesión coa cruz parroquial, a Virxe do Rosario e o Xesús Cristo na cruz cara á igrexa parroquial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra hidráulica máis importante do mundo situada sobre o río Iang-Tsé que abrangue desde Chongging ata Hubei, China. A construción do proxecto comezou en 1993, e supuxo un grande investimento para a obtención dunha capacidade combinada de 18,2 millones de kW. A presa das Tres Gargantas obrigou a máis de 1.130.000 persoas a abandonar as súas casas, o que se converte no reasentamento máis grande da historia producido pola construción dunha presa.
-
PERSOEIRO
Arquitecto mexicano. Iniciouse no campo da pintura, que abandonou cedo para dedicarse á arquitectura. É o autor da igrexa do Carmen e da ponte de Celaya, do teatro de San Luis Potosí, e das igrexas de Santa Clara e Santa Rosa de Viterbo de Querétaro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fiduciaria alemá creada en 1990, con sede en Berlín e varias delegacións. Encargada da privatización das empresas estatais da ex-República Democrática Alemá, o proceso implicou a axuda ao saneamento empresarial cando a viabilidade era posible, e a urbanización de terreos industriais.
-
PERSOEIRO
Naturalista alemán. Foi xunto con Lamarck, o primeiro en empregar o termo bioloxía, que definiu como o coñecemento relativo aos seres tanto animais coma vexetais. É autor de numerosos traballos sobre anatomía comparada, medicina, fisioloxía e matemáticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico e médico alemán. Foi catedrático de Botánica da Universidade de Rostock. Dedicouse especialmente á anatomía e á fisioloxía, e descubriu os movementos do protoplasma celular, a individualidade das células vexetais e a orixe dos vasos leñosos. É autor de Physiologie der Gerwächse (1835-1838) e de moitos estudos monográficos sobre o mundo vexetal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aquilo que ten tres espiñas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en San Pedro de Ermo na parroquia de Triacastela, no concello homónimo. Documéntase en 919 cando o Rei Ordoño II e a súa dona Elvira confirmaron a doazón que fixera a este mosteiro o seu avó Gatón, o fundador do mesmo. En 922 o mesmo rei doouno á igrexa compostelá.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Triacastela. Construída en estilo románico, reformouse no s XVIII. Ten planta dunha soa nave rectangular con cuberta a dúas augas. A fachada ten unha torre de tres corpos. No baixo atópase un pórtico con catro arcos que antecede á entrada. Remata cunha pequena cúpula octogonal. Destaca tamén un reloxo de sol realizado en lousa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico que se obtén do Streptomyces antibioticus e se emprega como oleandomicina, aínda que se absorbe mellor e ten unha acción máis rápida.
-
-
Homeomorfismo dun espazo topolóxico nun poliedro que ten triángulos por caras.
-
Conxunto de operacións xeodésicas destinadas a fixar a posición dun certo número de puntos, mediante a determinación dunha serie de triángulos que teñen por vértices ditos puntos. O fundamento teórico deste procedemento, inventado por Tycho Brahe a finais do s XVI, é o teorema do seno, segundo o que, se nun triángulo ABC se coñece o lado AB e os ángulos nos vértices A e B, poden ser calculados os outros lados por medio da fórmula BC/sen A= AC/sen B=AB/sen C. Desta maneira obtense a posición dunha serie de puntos, os vértices de cada triángulo, que constitúen a denominada rede de triangulación. Na práctica, a rede de triangulación dunha rexión xeográfica extensa comprende diferentes fases. En primeiro lugar cómpre fixar un punto astronómico fundamental que serve de orixe do sistema de coordenadas. En segundo lugar establécese a rede de triangulación principal, que está constituída por triángulos regulares...
-
-
-
Que ten forma de triángulo.
-
Aplícase ao poliedro que ten unha base triangular.
-
Que ten lugar coa participación de tres equipos ou países.
-
-
-
Dividir en triángulos.
-
Efectuar unha triangulación.
-
-
-
-
Figura que se forma ao unir tres vértices non aliñados con tres segmentos de liña recta.
-
triángulo esférico
Triángulo curvilíneo que está formado por tres círculos máximos dunha esfera. O estudo e a resolución destes triángulos constitúe o obxectivo básico da trigonometría esférica.
-
-
ferriños.
-
-
Área ou espazo do corpo que está limitado por tres lados reais ou imaxinarios.
-
triángulo de Calot
Triángulo que ten por base a arteria cística e por vértice o ángulo formado pola unión dos condutos cístico e hepático.
-
triángulo de Garland
Zona sonora de forma triangular, co vértice dirixido cara a abaixo, que se produce xunto á columna vertebral ao baixar o nivel do líquido dun derramo pleural.
-
triángulo de Hesselbach
Triángulo que está limitado polo ligamento inguinal, a arteria epigástrica profunda e o bordo externo do recto abdominal.
-
triángulo de Scarpa
Espazo da coxa que está comprendido entre o ligamento inguinal e os músculos sartorio e adutor longo.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación boreal situada entre as de Andrómeda, Perseo, Aries e Pisces. Contén 25 estrelas visibles a simple vista. A estrela máis brillante, a-Trianguli, denominada tamén Metallah, é de magnitude 3,58 e está situada a unha distancia de 64 anos luz. Dentro dos límites desta constelación está a galaxia do Triángulo. OBS: Tamén se denomina Triángulo Boreal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral situada entre Compás, Pavo e a Ave do Paraíso. Contén 32 estrelas visibles a simple vista, unha das que é da segunda magnitude e dúas son da terceira. O astro principal, α-Trianguli Australi, é unha estrela de cor alaranxada, de magnitude visual 1,88.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Triángulo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de Víctor F. Freixanes publicada en 1982 e gañadora do Premio Blanco Amor, o Premio da Crítica e o Premio de la Crítica Española. Trátase dunha obra de grande extensión, entre novela de aventuras e crónica histórica, provista dunha gran riqueza léxica e unha prosa moi elaborada. Ambientada nas cidades imaxinarias de Santiago e Vilanova de Alba, ao longo da obra reflíctese o continuo enfrontamento de elementos diversos, a terra e o mar, o poder e a loita pola liberdade, o ben e o mal ou a razón e os soños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación de Triángulo.