Treviranus, Ludolph Christian

Treviranus, Ludolph Christian

Botánico e médico alemán. Foi catedrático de Botánica da Universidade de Rostock. Dedicouse especialmente á anatomía e á fisioloxía, e descubriu os movementos do protoplasma celular, a individualidade das células vexetais e a orixe dos vasos leñosos. É autor de Physiologie der Gerwächse (1835-1838) e de moitos estudos monográficos sobre o mundo vexetal.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bremen

  • Deceso

    Lugar : Bonn