"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Actriz e directora cinematográfica norueguesa. Acadou a fama en películas de Ingmar Bergman, como Persona (1966), En passion (1969) ou Ansikte mot ansikte (1976). Destacan, ademais, The Bay Boy (1985), Oxen (1991) ou The Long Shadow (1992). Dirixiu Sofie (1992), Kristin lavransdatter (1995), Lumière et compagnie (1996) e Trolösa (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista. Ocupou a cátedra de Filoloxía Románica en Leeds (1953-1968) e en Oxford (1968-1976). Destacou no campo da semántica léxica, con The Principles of Semantics (1951), Précis de sémantique française (1952) e Semantics: An Introdution to de Science of Meaning (1962), e no da estilística literaria de orientación lingüística, con Style in the French Novel (1957), The Image in the Modern French Novel (1960), Language and Style (1964) e Meaning and Style (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro de níquel e antimonio, SbNiS. É un mineral que cristaliza no sistema cúbico. Ten unha dureza de 5 e unha densidade de 6,7. É de cor gris chumbo, con brillo metálico.
-
GALICIA
Avogado, xornalista e político. Afiliouse á Unión Liberal e, tras o triunfo da Revolución de 1854, foi elixido deputado en varias ocasións, pola Coruña, Mondoñedo, e A Fonsagrada. Foi director xeral de Ultramar (1858-1863), subsecretario de Estado (1856) e ministro de Mariña (1863), de Fomento (1864) e de Estado (1874) ata a Restauración. Colaborou con distintos xornais como El Tribuno, El Clamor Público e El Voto Nacional (que tamén dirixiu) e publicou Revista de Indias (1868). Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño e científico. Participou na expedición que, promovida pola Académie des Sciencies de París, se encargou de medir o arco de meridiano terrestre en Perú. Ocupou cargos importantes na armada. Escribiu Noticias americanas (1772).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Reformou a Universidade de Santiago de Compostela a partir dun informe do claustro universitario enviado a Fernando VI. Saneou a economía, reforzou a figura do reitor, creou novas cátedras e impuxo unha maior disciplina. Ademais orientou e impulsou o barroco galego e mandou construír a casa do Deán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e produtor cinematográfico. Coñecido como Douglas Fairbanks. Sobresaíu como protagonista de filmes de acción, caracterizado polos seus personaxes atléticos, bronceados e sorrintes. Destacan The Mark of Zorro (1920), Robin Hood (1922), The Thief of Bagdad (1924), Mr. Robinson Crusoe (1932) ou The Private Life of Don Juan (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político letón. Xefe do consello nacional que proclamou a República de Letonia, foi primeiro ministro en tres ocasións (1919, 1925-1926, 1930-1932). Mediante un golpe de estado (1934), proclamouse dirixente e fíxose elixir presidente (1936). Ao ocupar Letonia as tropas soviéticas (1940), foi deportado á URSS.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do latín Ulpianus, nome de orixe étnica que significa ‘procedente de Ulpio’, vila dálmata que debe o seu nome ao emperador M. Ulpio Traxano, que gobernou entre 98 e 117. Ulpio estaba relacionado coa raíz indoeuropea *vulp, da que vén o latín vulpis, que deu en galego golpe ‘raposo’, e o xermánico wulf, que deu en inglés wolf ‘lobo’.
-
PERSOEIRO
Xurista romano. Exiliado por Heliogábalo (222), Alexandre Severo confioulle os cargos de membro do consello imperial, prefecto da annona e prefecto do pretorio. Foi asasinado polos pretorianos. As súas obras fixérono un dos cinco xuristas indicados na lei das Citacións (426) de Teodosio II e Valentiniano III. Case un terzo do Dixesto está extraído das súas obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e crítico alemán. Opúxose ao hegelianismo e ao darwinismo e escribiu Das Grundprinzip der Philosophie (O principio fundamental da filosofía, 1845-1846), Glauben und Wissen (Crer e saber, 1858) e Abhandlungen zur Kunstgeschichte als angewandter Asthetik (Contribución á historia da arte como estética aplicada, 1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Augsburgo. Sen darse conta, ofreceulle carne a un mandado do duque de Baviera un venres santo. Aquel, ofendido, acusouno, pero entón a coxa de ganso converteuse milagrosamente nun peixe. Represéntase coa mitra e a cruz de bispo e cun peixe na man. A súa festividade celébrase o 29 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Kyŏngsang Meridional, República de Corea, ao NL de Pusan (1.012.110 h [2000]). É un porto pesqueiro con industrias derivadas e refinaría de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Doutrinas que sosteñen o predominio do papado nas relacións entre Igrexa e Estado.
-
Doutrina conservadora e reaccionaria.
-
-
-
Que está ao outro lado das montañas.
-
-
Relativo ou pertencente ao ultramontanismo.
-
Partidario do ultramontanismo.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vladimir Il’ič Lenin.
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Čerkasy, Ucraína, situada na confluencia do Umanka e o Kamenka (85.000 h [estim 1984]). Ten industria diversificada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. De nome Alejandro Francisco Pérez Martínez, cultivou a narrativa, a poesía e o ensaio. Das súas obras destacan Travesía de Madrid (1966), Lorca, poeta maldito (1968), Valle-Inclán (1968), Las ninfas (1976, Premio Nadal), La noche que llegué al café Gijón (1977), Ramón y las vanguardias (1978), El fulgor de África (1989), Leyenda del César visionario (1991, Premio de la Crítica), Madrid 1940 (1993). Dicionario de la literatura española contemporánea (1995), El socialista sentimental (2000), Los alucinados (2001) e Cela: un cadáver exquisito (2002). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Letras (1996), o Premio Nacional de las Letras (1997) e o Premio Cervantes (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Área arredor dunha cidade, influída por ela no sentido económico, cultural e político. Ten o sentido do hinterland.
-
CIDADES
Cidade da rexión de Khartún, Sudán, situada na beira esquerda do Nilo (1.271.403 h [1993]). Forma parte da área de Khartún no conxunto chamado Tres Cidades. Foi capital de Sudán desde 1884 ata 1898.
VER O DETALLE DO TERMO