"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • Calquera sal ou éster do ácido mandélico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático polaco. Nacionalizado francés, trasladouse a EE UU, onde traballou na IBM, e foi profesor de matemáticas na Universidade de Harvard. Introduciu o concepto de fractal con obras como Les objets fractals, forn, hasard et dimension (1975) e The fractal geometry of nature (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parella de raios lumínicos que aparecen na difusión da luz que atravesa un gas sometido a flutuacións de presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido alcohol que se obtén a partir do seu nitrilo, o mandelonitrilo. O seu sal amónico emprégase como antiséptico urinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente atlántica que forma na súa desembocadura a ría de Betanzos. Nace na parroquia de Roade (Sobrado) e baña os concellos de Sobrado, Curtis, Oza dos Ríos, Aranga, Coirós, Irixoa, Paderne e Betanzos, onde desemboca, na parroquia de Tiobre, tras un percorrido de 52 km. Discorre formando ao límite natural entre os concellos de Aranga e Irixoa, e Coirós e Paderne. Entre os seus afluentes está o Dombrete, o Maizoso e o Ramalleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mandeísmo.

    2. Seguidor do mandeísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e humanista. Destacou a súa obra como historiador da arte. Escribiu Het Schilder Boeck (O libro da pintura, 1604) e biografías de pintores italianos, flamengos e alemáns dos ss XV e XVI, en que se recoñeceu por primeira vez a orixinalidade da pintura nórdica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e filósofo holandés. Nacionalizado británico, dedicouse á escritura, e das súas obras, que constitúen un ataque contra a moral hipócrita, destacan Typhon (1704), Assop Dress’d (1704) e The Fable of the bees or Privates Vices, Public Benefits (1714).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro e escritor. A súa obra máis importante é unha colección sobre narracións de viaxes de diferentes personaxes, denominada The Voyage and Travels of Sir John Mandeville, Knight (1356-1357), unha das mostras primitivas da prosa inglesa, escrita orixinalmente en francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ferrol baixo a advocación de santa Uxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, tres bastos de ouro, colocados dous en aspa e o terceiro cruzado en pao, acompañados en punta dun lebreiro de prata, pasante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo auxiliar de Toledo (1652), bispo de Almería (1662-1672) e Astorga (1672-1674). Cóengo e provisor de Mondoñedo, foi gobernador eclesiástico de Santiago de Compostela e prior de Santo Agostiño de Caaveiro, e exerceu como chanceler das universidades de Santiago de Compostela e Salamanca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Guinea (15.456 km2; 136.317 h [1983]). A capital é Mandiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Científico titular do CSIC, dirixiu o Instituto de Estudios Sociales Avanzados (IESA) en Barcelona (1996-1999). Realizou un importante labor de investigación sobre temas antropolóxicos de Galicia. Ademais, publicou diversos capítulos en obras colectivas e numerosos artigos en revistas como Grial, Boletín Auriense e El Museo de Pontevedra. Das súas obras destacan Loureses, antropoloxía dunha parroquia galega (1984), Las serpientes contra Santiago (1989), Que enterren o meu corazón en Loureses (1992), El valle de Josafat, un fresco de la España actual (1993), O ciclo da vida (1998), en colaboración con Fina M. Antón, En cueros vivos. Pensamiento de C. J. C. sobre el hombre (2002) e O burro (2002). Forma parte da Societé des Étudiés Euroasiatiques, da Societé de Mythologie Française e da EASA (European Association of Social Anthropologists). É membro fundador de EURETHNO (Organización de...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das pezas duras, formadas de óso, quitina ou substancias parecidas, que teñen algúns animais no costado ou ao redor da boca e que serve xeralmente para a obtención, trituración e a deglución do alimento ou para a defensa. Os artrópodos teñen unhas mandíbulas quitinosas, duras e serradas, que poden modificar en formas moi variadas, segundo a alimentación. Algúns invertebrados non artrópodos, como certos tipos de vermes, poden presentar tamén mandíbulas quitinosas. Os vertebrados máis primitivos non teñen ningún tipo de mandíbula; esta comeza a desenvolverse e a adquirir a súa natureza ósea a partir dos peixes óseos cartilaxinosos.

      2. Maxilar inferior no home.

    1. Cada unha das dúas pezas da machucadora que, revestidas dunha aliaxe de elevada dureza, efectúan a compresión do sólido que se vai desintegrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten mandíbulas.

      1. Relativo ou pertencente aos mandibulados.

      2. Individuo do grupo dos mandibulados.

      3. Grupo de artrópodos con antenas e apéndices mastigadores, que engloba os crustáceos, insectos e miriápodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á mandíbula.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza de vestir feminina, máis pequena ca o mantelo e feita de la ou liño, que se pon sobre a saia. A súa feitura é máis longa ca o mandil do traxe de gala, que é de dimensións máis reducidas e está confeccionado con tecidos máis luxosos, como o pano e o veludo, aos que se lles poden engadir adornos de acibeche e pasamanería.

      2. Peza de roupa, aberta pola parte posterior, que, atada á cintura e ás veces ao pescozo, se emprega en determinados labores para evitar que se lixe a parte dianteira do corpo.

      3. Peza de roupa semellante a unha capa curta que se usa como protección contra as inclemencias do tempo.

    1. Pano semellante a unha baeta que se emprega para limpar o cabalo.

    2. Emblema dos masóns que representaba o uniforme empregado polos obreiros.

    3. Rede de pesca que está composta de mallas moi estreitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cousas que se poden levar no regazo.

    VER O DETALLE DO TERMO