mandil

mandil

(< ár hispánico mandíl < lat mantēle ‘toalla, mantel’)

  1. s m [INDUM]
    1. Peza de vestir feminina, máis pequena ca o mantelo e feita de la ou liño, que se pon sobre a saia. A súa feitura é máis longa ca o mandil do traxe de gala, que é de dimensións máis reducidas e está confeccionado con tecidos máis luxosos, como o pano e o veludo, aos que se lles poden engadir adornos de acibeche e pasamanería.

    2. Peza de roupa, aberta pola parte posterior, que, atada á cintura e ás veces ao pescozo, se emprega en determinados labores para evitar que se lixe a parte dianteira do corpo.

      Sinónimos: mantelo. Confrontacións: mandilón.
    3. Peza de roupa semellante a unha capa curta que se usa como protección contra as inclemencias do tempo.

      Sinónimos: mandileta.
  2. s m

    Pano semellante a unha baeta que se emprega para limpar o cabalo.

  3. s m [HIST]

    Emblema dos masóns que representaba o uniforme empregado polos obreiros.

  4. s m

    Rede de pesca que está composta de mallas moi estreitas.

Palabras veciñas

mandíbula | mandibulado -da | mandibular | mandil | mandilada | mandileta | mandilón