mandil
(< ár hispánico mandíl < lat mantēle ‘toalla, mantel’)
-
s
m
[INDUM]
-
Peza de vestir feminina, máis pequena ca o mantelo e feita de la ou liño, que se pon sobre a saia. A súa feitura é máis longa ca o mandil do traxe de gala, que é de dimensións máis reducidas e está confeccionado con tecidos máis luxosos, como o pano e o veludo, aos que se lles poden engadir adornos de acibeche e pasamanería.
-
Peza de roupa, aberta pola parte posterior, que, atada á cintura e ás veces ao pescozo, se emprega en determinados labores para evitar que se lixe a parte dianteira do corpo.
Sinónimos: mantelo. Confrontacións: mandilón. -
Peza de roupa semellante a unha capa curta que se usa como protección contra as inclemencias do tempo.
Sinónimos: mandileta.
-
-
s
m
Pano semellante a unha baeta que se emprega para limpar o cabalo.
-
s
m
[HIST]
Emblema dos masóns que representaba o uniforme empregado polos obreiros.
-
s
m
Rede de pesca que está composta de mallas moi estreitas.