mandíbula
(< lat mandibŭla)
-
s
f
-
[ZOOL]
Cada unha das pezas duras, formadas de óso, quitina ou substancias parecidas, que teñen algúns animais no costado ou ao redor da boca e que serve xeralmente para a obtención, trituración e a deglución do alimento ou para a defensa. Os artrópodos teñen unhas mandíbulas quitinosas, duras e serradas, que poden modificar en formas moi variadas, segundo a alimentación. Algúns invertebrados non artrópodos, como certos tipos de vermes, poden presentar tamén mandíbulas quitinosas. Os vertebrados máis primitivos non teñen ningún tipo de mandíbula; esta comeza a desenvolverse e a adquirir a súa natureza ósea a partir dos peixes óseos cartilaxinosos.
-
[ANAT]
Maxilar inferior no home.
-
[ZOOL]
-
s
f
[TECNOL]
Cada unha das dúas pezas da machucadora que, revestidas dunha aliaxe de elevada dureza, efectúan a compresión do sólido que se vai desintegrar.