mantelo

mantelo

(< lat mantellu)

  1. s m [INDUM]

    Peza de vestir feminina, de cor xeralmente castaña, verde escura, azul mariño ou negra, que se coloca sobre a saia ou o refaixo. Ten menos voo cá saia e queda aberta pola parte posterior e a beira inferior. Átase ao van con cintas ou broches e adoita empregarse no traxe de gala. Os tecidos máis empregados son o pano, o damasco ou a baeta, aínda que tamén se pode facer de picote para o traxe de diario. O mantelo de gala leva frecuentemente unha tira de veludo arredor con adornos de acibeche e pasamanería.

  2. s m [INDUM]

    Peza de vestir fina de seda ou tule que levan as mulleres para cubrir a cabeza e as costas en cerimonias relixiosas e ocasións solemnes.

    Sinónimos: mantela.
  3. s m [INDUM]

    Peza de roupa que, atada á cintura e ás veces ao pescozo, se emprega en determinados labores para evitar que se manche a parte dianteira do corpo.

    Sinónimos: mandil.
  4. s m

    Pano pequeno que se emprega para cubrir algo.

Palabras veciñas

mantelear | manteleta | mantelete | mantelo | mantemento | mantenta, á | mantenza