mantela

mantela

(< manto)

  1. s f [INDUM]

    Tipo de mantelo de pano negro que leva unha franxa moi longa de veludo e que vai adornada con agremán de acibeche que pode cubrir só a parte dianteira do corpo ou pode chegar ata o tornecelo. A mantela adoita ser de picote e forma parte do traxe de diario, a diferenza do mantelo, que é máis propio do traxe de gala.

  2. s f [INDUM]

    Peza de vestir fina de seda ou tule que levan as mulleres para cubrir a cabeza e as costas en cerimonias relixiosas e ocasións solemnes.

    Sinónimos: mantelo.

Palabras veciñas

manteion | manteísta | mantel | mantela | mantelado -da | mantelear | manteleta