mantela
mantela
(< manto)
-
s
f
[INDUM]
Tipo de mantelo de pano negro que leva unha franxa moi longa de veludo e que vai adornada con agremán de acibeche que pode cubrir só a parte dianteira do corpo ou pode chegar ata o tornecelo. A mantela adoita ser de picote e forma parte do traxe de diario, a diferenza do mantelo, que é máis propio do traxe de gala.
-
s
f
[INDUM]
Peza de vestir fina de seda ou tule que levan as mulleres para cubrir a cabeza e as costas en cerimonias relixiosas e ocasións solemnes.
Sinónimos: mantelo.