"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado nas cordilleiras Béticas, preto da confluencia do Guadiana Menor co Guadalquivir (4.442 h [2001]). É unha zona de oliveiras. Destaca a cámara sepulcral do poboado ibérico de Toya (ss V e IV a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Impulsor da Academy of Fine Arts de Pennsylvania, destacou na representación de personaxes da historia estadounidense, como G. Washington ou B. Franklin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Himno de guerra en honor de Apolo ou doutra divindade que entoaban os soldados coa marcha ao ataque na Grecia antiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Base ou pedestal de pouca altura que soporta unha estatua ou outro obxecto.

    2. Tarima que hai diante do altar, arrimada a el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de axiomas que fundamentan a teoría dos números naturais sen necesidade de basearse na noción de conxuntos equipotentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dado un cadrado, curva que, cunha lonxitude finita desde o seu comezo, alcanza calquera punto do cadrado inicialmente fixado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e lóxico italiano. Profesor en Turín, especializouse en lóxica matemática e creou a lóxica simbólica. Fixo unha exposición rigorosa da aritmética, da xeometría proxectiva, do cálculo infinitesimal e do vectorial. Inventou unha linguaxe artificial internacional, a interlingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENCORO

    Pantano creado coa construción dunha presa sobre o leito do río Miño, situado preto da confluencia dos ríos Bubal e Sil, na parroquia dos Peares (A Peroxa). Abrangue unha superficie de 495,50 ha e foi construído por FENOSA para a explotación dunha central hidroeléctrica cunha potencia superior aos 10 MW. Acolle un volume de 182 Hm3 de auga. Inaugurouse en 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Peroxa baixo a advocación de Nosa Señora do Pilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Sil nas parroquias de Moura (Nogueira de Ramuín) e Pombeiro (Pantón). Realizada en metal a finais do s XIX, componse de dúas trabes de alma chea de ferro e taboleiro de madeira sobre estribos de cantaría. Ten un van. Está situada na estrada de Monforte de Lemos a Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ataque súbito da aviación e da frota xaponesa o 7 de decembro de 1941 sobre a base naval estadounidense homónima, situada na illa de Oahu (Hawaii). Pretendía destruír as forzas navais estadounidense no Océano Pacífico, pero só se conseguiron algunhas perdas graves, pero non decisivas. Este ataque provocou a entrada de EE UU na Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor e organista inglés. Comezou os seus estudos de órgano en Oxford e formouse como cantante no Royal College of Music (1933-1934). Colaborou estreitamente con B. Britten, con quen estreou numerosas obras. Foi tamén un notable intérprete de Schubert e Bach, e destacou no lied e no oratorio. Recibiu o título de sir en 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, educador e político. Coñecido, en irlandés, como Padraig Mac Piarais, organizou a New Ireland Society (1897) e estivo ligado á Gaelic League, onde dirixiu (1903-1909) o seu órgano de expresión, Claidheamh Soluis. En 1908 fundou o St. Enda’s College (Scoil Eanna) para intentar potenciar o irlandés como lingua de cultura mediante métodos pedagóxicos modernos. Foi comandante en xefe do exército durante a rebelión de 1916 e presidente do goberno provisional da República de Irlanda, pero foi executado na prisión de Kilmainham. Escribiu obras de teatro e poemas, e publicou varios contos extraídos dos antigos manuscritos irlandeses. Moitas das súas obras foron recompiladas en Collected Works (2 vol, 1917-1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, estatístico e filósofo. Interesouse pola aplicación dos métodos matemáticos e estatísticos da bioloxía e, en 1902, fundou a revista Biometrika. Está considerado como un dos fundadores da estatística moderna e, como filósofo, un precursor do neopositivismo. Escribiu The Grammar of Science (1892).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista. Embaixador en EE UU (1945-1946), subsecretario e ministro de Asuntos Exteriores (1948-1957), foi xefe do Liberal Party (1958-1963) e primeiro ministro (1963-1967). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e explorador. Comprobou a insularidade de Groenlandia e en 1909 descubriu o Polo Norte. Escribiu Northward over the Great Ice (1898) e The North Pole: Its Discovery in 1909 (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que vai a pé.

    2. Obreiro que realiza traballos non especializados, ou que fai de axudante dun oficial, xeralmente na albanelería ou nos traballos do campo.

    3. Persoa que está ás ordes doutra.

      1. Cada unha das 16 pezas do xogo do xadrez, 8 brancas e 8 negras, que ao comezar a partida están situadas na segunda liña. Só se poden mover cara a adiante un cadro, e sempre pola mesma columna, agás cando matan, que o fan en diagonal. Cando un peón chega á oitava liña, pode ser convertido en calquera outra peza, menos en rei.

      2. Cada unha das 24 pezas, 12 brancas e 12 negras, do xogo das damas.

    4. Soldado de infantaría que combatía a pé.

    5. buxaina.

    6. piarda.

    7. arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé métrico da poesía grega e latina, composto por tres sílabas breves e unha longa, que se combinan de xeitos diversos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo peón.

    2. Individuo do pobo peón.

    3. Pobo de Macedonia que se refuxiou nos altos vales do Vardar. Foron dominados polos persas e contra o 360 a C invadiron Macedonia e conseguiron unha certa autonomía. Pasaron ao poder dos romanos despois de ser vencidos por Lisímaco.

    VER O DETALLE DO TERMO