Peares, encoro dos
Peares, encoro dos
Pantano creado coa construción dunha presa sobre o leito do río Miño, situado preto da confluencia dos ríos Bubal e Sil, na parroquia dos Peares (A Peroxa). Abrangue unha superficie de 495,50 ha e foi construído por FENOSA para a explotación dunha central hidroeléctrica cunha potencia superior aos 10 MW. Acolle un volume de 182 Hm3 de auga. Inaugurouse en 1955.