Temas

Casoio, encoro de

Presa sobre o río Casoio, afluente do Sil, na parroquia de Sobradelo (concello de Carballeda de Valdeorras).

Máis >
Salime, encoro de

Pantano creado sobre o leito do río Navia, situado nos concellos de Negueira de Muñiz e Grandas de Salime, en Asturias. Ten aproveitamento hidroeléctrico e posúe unha capacidade superior a 250 hm3 e unha lonxitude de 30 km. É apto para a navegación e a práctica de todo tipo de deportes náuticos.

Máis >
Rosadoiro, encoro de

Encoro creado en 1970 coa construción dunha presa sobre o leito do río Seixedo, situado na parroquia de Oseiro (Arteixo). Recolle as augas do río antes da súa desembocadura, na praia de Alba. Utilizado para o abastecemento de auga, ten unha altura de 16,5 m e un volume de 1,87 hm3.

Máis >
Eume, encoro do

Encoro sobre o río Eume, entre os concellos das Pontes de García Rodríguez e Monfero. Ocupa unhas 450 ha no curso medio do río, a partir da presa construída entre San Pedro de Eume (As Pontes de García Rodríguez) e Queixeiro (Monfero). Nesa superficie acolle un volume de 123 Hm3 de auga. A presa, que se comezou a construír en 1955 e se rematou en marzo de 1960, foi a primeira de tipo bóveda de dobre curvatura en España. Propiedade de FENOSA na súa orixe, en 1986 pasou a pertencer a ENDESA.

Máis >
Albarellos, encoro de

Encoro no curso alto do río Avia; recolle, principalmente, a auga do río Cardelle, aínda que tamén conflúen nel outros ríos (Couso e Valdeiras) e regueiros (Val de Cerdeiras, Cabaleiros, da Serra, Pallares, etc). Está situado no territorio dos concellos do Covelo, Avión e Leiro.

Máis >
Fervenza, encoro da

Encoro sobre o río Xallas provocado pola presa do lugar da Fervenza, no límite entre as parroquias (e concellos) de Olveira (Dumbría) e Boas (Mazaricos). O encoro asulagou terras das parroquias de Olveira (Dumbría), Baos, Alborés e Antes (Mazaricos), Brandomil e Brandoñas (Zas) e Serramo (Vimianzo).

Máis >
Pumares, encoro de

Pantano creado coa construción dunha presa sobre o leito do río Sil, no concello de Carballeda de Valdeorras, no límite co concello de Rubiá. Ten unha superficie de 60,84 ha.

Máis >
Leboreiro, encoro de

Pantano que se creou coa construción dunha presa sobre o leito do río Mao, situado na conca do Sil, no concello de Montederramo. Conta cunha praia fluvial.

Máis >
Portas, encoro das

Pantano creado coa construción dunha presa sobre o leito do río Camba. Abrangue unha superficie de 1.170 ha, entre os concellos de Vilariño de Conso e Castrelo do Val.

Máis >
Loading