Lindoso, encoro de

Lindoso, encoro de

Encoro sobre o río Limia provocado pola presa construída en Lindoso, freguesía do municipio portugués de Ponte da Barca, e que asolaga terras das parroquias da Illa (concellos de Entrimo e Lobios), Galez (Entrimo), Manín, Lobios, Araúxo, Torno e Grou (Lobios). As augas, que ocupan 1.072 ha, asolagaron as aldeas de Aceredo, Buscalque, O Vao e Quintela (Lobios) e A Reboleira (Entrimo), polo que os veciños afectados se mobilizaron en 1991, cando o goberno español deu pulo ás obras.