Temas

Eume, encoro do

Encoro sobre o río Eume, entre os concellos das Pontes de García Rodríguez e Monfero. Ocupa unhas 450 ha no curso medio do río, a partir da presa construída entre San Pedro de Eume (As Pontes de García Rodríguez) e Queixeiro (Monfero). Nesa superficie acolle un volume de 123 Hm3 de auga. A presa, que se comezou a construír en 1955 e se rematou en marzo de 1960, foi a primeira de tipo bóveda de dobre curvatura en España. Propiedade de FENOSA na súa orixe, en 1986 pasou a pertencer a ENDESA.

Más >
Leboreiro, encoro de

Pantano que se creou coa construción dunha presa sobre o leito do río Mao, situado na conca do Sil, no concello de Montederramo. Conta cunha praia fluvial.

Más >
Akosombo

Encoro construído en 1966 no curso baixo do río Volta, Gana, cun dique de 130 m de altura e 650 m de longo.

Más >
Fervenza, encoro da

Encoro sobre o río Xallas provocado pola presa do lugar da Fervenza, no límite entre as parroquias (e concellos) de Olveira (Dumbría) e Boas (Mazaricos). O encoro asulagou terras das parroquias de Olveira (Dumbría), Baos, Alborés e Antes (Mazaricos), Brandomil e Brandoñas (Zas) e Serramo (Vimianzo).

Más >
Grand Coulee

Encoro no río Columbia, no estado de Washington, EE UU. Rematouse de construír en 1942, e é un dos máis importantes do país en produción de enerxía eléctrica.

Más >
Cíjara

Encoro construído no río Guadiana, na provincia de Badajoz, Extremadura. Ten unha capacidade de 1.670 hm3 e emprégase para a rega (Plan Badajoz) e o funcionamento dunha central hidroeléctrica.

Más >
Velle, encoro de

Pantano creado coa construción dunha presa sobre o leito do río Miño, entre as parroquias de Cudeiro e Velle, no concello de Ourense. Inaugurado en 1966, ten unha capacidade de 17 hm3, cos que alimenta unha central de produción de enerxía hidroeléctrica e ademais, xunto co encoro de Cachamuíña, abastece de auga á cidade de Ourense.

Más >
Fuensanta

Encoro da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado na cabeceira do Segura, na confluencia co río Tus. Ten unha capacidade de 203 hm3 e regula as augas do río para asegurar o regadío das hortas de Murcia.

Más >
Casoio, encoro de

Presa sobre o río Casoio, afluente do Sil, na parroquia de Sobradelo (concello de Carballeda de Valdeorras).

Más >
Loading