Salas, encoro de

Salas, encoro de

Pantano creado coa construción dunha presa sobre o leito do río Salas. Encoro compartido con Portugal, está situado entre os concellos de Muíños e Calvos de Randín (Ourense) e Tourem (Portugal). A presa foi construída por ENDESA para a explotación dunha minicentral hidroeléctrica, polo que é utilizado para o abastecemento. Ten unha superficie de 734,37 ha.