Castrelo de Miño, encoro de
Castrelo de Miño, encoro de
Pantano sobre o río Miño orixinado pola presa situada entre as parroquias de Castrelo de Miño (no concello homónimo) e Ventosela (concello de Ribadavia). O encoro asolagou parte destas parroquias e das de Barral, Ponte Castrelo e Prado de Miño (no concello de Castrelo de Miño), Sanín (Ribadavia), e Trasariz e Razamonde (Cenlle). Inaugurado en 1969, foi construído por FENOSA para abastecer unha central hidroeléctrica; abrangue un volume de auga de 60 hm3 e permite instalar 112 MW de potencia.