"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • PERSOEIRO

    Erudito e escritor latino. Seguiu a carreira política ata o grao de pretor. Constitúen a súa primeira obra (81-67 a C), xa perdida, 150 libros das Saturae Menippeae, ensaio de filosofía cínica en verso. César nomeouno director da primeira biblioteca pública de Roma no ano 47 a C, data de publicación dos seus 41 libros Das cousas humanas e divinas, e dos 76 libros dos Diálogos (obras tamén perdidas). Publicou De lingua latina (43 a C), De imaginibus (39 a C), perdida, e os tres libros De re rustica (37 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola lóxica, con sede en Varsovia e Lwow, desenvolvida sobre todo entre a Primeira e a Segunda Guerra Mundial. Caracterizouse polo estudo da lóxica moderna marcado por unha tendencia dedutivista extrema e unha inclinación ao positivismo lóxico ou ao empirismo científico. O inciador foi Kazimierz Teardowski (1866-1938) e destacaron, entre outros, Jan èukasiewicz (1878-1956) e Alfred Tarsk (1901-1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor colombiano. Influído por Murillo, pintou naturezas mortas, retratos e sobre todo escenas relixiosas de gran formato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca do Bierzo, situado na provincia de León, Castela e León, e situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago (844 h [2001]). A economía baséase no sector agropecuario. Atópase na área lingüística do galego oriental-central, e a súa historia está moi vinculada á ruta xacobea. As parroquias que o integran pertenceron á diocese de Lugo ata 1945, data en que pasaron á de Astorga. En 2000 debateuse no pleno da corporación municipal unha moción que propuña principiar a tramitación dun expediente de anexión á Comunidade Autónoma de Galicia, pero foi rexeitada e a declaración do galego como lingua oficial (2001), revogouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Considerado na Península Ibérica como o primeiro poeta humanista en lingua vulgar, formou parte da corte do Emperador Carlos I desde 1520. O seu desterro e estadía en Nápoles (1532-1535) foron fundamentais para a súa formación intelectual. A súa breve obra poética foi publicada polo seu amigo Juan Boscán en Las obras de Boscán y Garcilaso (1543). Máis adiante, os seus editores e comentaristas, Sánchez de Las Brozas e F. de Herrar, engadiron algúns poemas inéditos. Consta en total de oito cancións de metro curto, 38 sonetos, cinco cancións, dúas elexías, unha epístola a Boscán, tres églogas e tres odas latinas. As fontes principais son os clásicos, como Virxilio e Horacio, e outros autores modernos, como Ausiàs March, Ariosto, Sannazaro e, sobre todo, Petrarca. Incorporou dunha maneira definitiva o decasílabo xunto coas formas estróficas onde interveñen novos contidos e unha nova linguaxe poética. Introduciu na lírica as novas concepcións neoplatónicas sobre o mundo e así...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Inca (Cuzco 12.4.1539 - Córdoba, Andalucía 24.4. 1616) Escritor e historiador. Cursou a carreira militar e participou na represión dos mouriscos en Granada. Das súas obras destacan La Florida del Inca (1605), Comentarios Reales (1609) e Historia general del Perú (1617).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e historiador. De familia aristocrática, foi tribuno militar en Tracia, Macedonia, Grecia e Oriente, legado de Tiberio en Xermania e Panonia, cuestor e pretor. Escribiu Ad M. Vinicium libri duo, unha historia de Roma desde as orixes ata o ano 30.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, en Piemonte, Italia (44.950 h [2001]). Situada na beira dereita do Sesia, é o centro dunha vasta chaira moi ben irrigada onde se cultiva arroz. Antigo Oppidum Vercellae (s II a C), despois da caída do Imperio Romano foi ducado longobardo. Pasou aos Savoia en 1427 e foi ocupada pola Coroa de Castela (1638-1659) e por Francia (1704). En 1814 volveu ao dominio dos Savoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Piemonte, Italia (2.088 km2; 176.641 h [2001]). A capital é Vercelli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xefe dos auvernos. Dirixiu a insurrección das tribos galas contra as tropas de Xulio César. Aínda que conseguiu algún éxitos iniciais contra eles (52 a C), tras a recuperación dos romanos, refuxiouse en Alesia, onde foi asediado e tivo que capitular (51 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e escritor. De nome Jean Bruller, publicou os seus debuxos en Vingt et une recettes pratiques de mort violente (1928). Foi autor de novelas, como Le silence de la mer (1942) e Comme un frère, (1973), e de dramas, como Zoo ou l’Assassin philantrope (1963), e entre 1982 e 1984 publicou os tres volumes de Cent ans d’histoire de France.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi xefe de Tráfico de Telégrafos da Coruña, cargo do que foi expulsado tras a Guerra Civil Española e definitivamente separado desde 1942. Posteriormente dirixiu a empresa de Armadores de Buques Pesqueros (Arbupes). Os temas principais das súas pinturas, de corte impresionista e xeralmente pintadas ao natural, foron as paisaxes, as mariñas e as corredoiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Emigrado en Cuba tras abandonar a carreira eclesiástica, traballou como profesor e dirixiu o xornal El Progreso. Instalado en Nova York (1865), fundou e dirixiu a revista El Progreso, ao tempo que inventaba unha máquina de calcular. Xa establecido en Bos Aires volveu editar El Progreso e publicou as novelas La cruz de piedra (1855), a colección de artigos Contra el altar y el trono (1890) e En defensa de España (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca de tipo rural situada ao SL da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia de Ourense. Limita ao N coas comarcas da Terra de Caldelas (concello de Montederramo), a Terra de Trives (Chandrexa de Queixa) e Viana (Vilariño de Conso); ao L coa de Viana (Vilariño de Conso e A Gudiña) e Portugal; ao S con Portugal e ao O coa Limia (Baltar, Transmirás, Sarreaus e Vilar de Barrio). Abrangue unha superficie de 1.007,1 km2, cunha poboación de 28.741 h (2001), distribuída nos concellos de Castrelo do Val (122 km2; 1.284 h [2001]); Cualedro (117,6 km2; 2.391 h [2001]); Laza (215,9 km2; 1.904 h [2001]); Monterrei (119,1 km2; 3.314h [2001]); Oímbra (71,9 km2; 1.996 h [2001]); Riós (114,4 km2; 2.132 h [2001]); Verín (94,1 km2; 12.917 h [2001]) e Vilardevós (152,1 km2; 2.803 h [2001]). A vila de Verín é o centro dunha extensa área funcional, que inclúe ademais dos concellos da comarca outros próximos.
    ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca creada nos arredores da cidade de Verona durante o dominio dos franceses, confiada por Odón I aos duques de Baviera. Co fraccionamento feudal formou unha unidade político-administrativa, e como tal formou parte da Liga Veronesa (1164).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e gramático latino. Introduciu o principio de competición entre os alumnos e considerou os libros antigos como xoias. A súa obra perdeuse, aínda que se sabe que é autor duns Fastos prenestinos e dun dicionario, De verborum significatu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca de tipo rural situada no SL da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia de Ourense. Limita ao N coas comarcas de Valdeorras (concellos do Bolo e da Veiga) e da Terra de Trives (Manzaneda e Chandrexa de Queixa), ao S con Portugal, ao L coa provincia de Zamora (concellos de Porto, Pías, Lubián e Hermisende) e ao O coa comarca de Verín (Laza, Castrelo do Val e Riós). Abrangue unha extensión de 746,3 km2 cunha poboación de 8.003 h (2001), distribuídas entre os concellos da Gudiña (171,4 km2 ; 1.682 h [2001]), A Mezquita (104,3 km2 ; 1.429 h [2001]), Viana do Bolo (270,4 km2 ; 3.893 h [2001]) e Vilariño de Conso (200,2 km2 ; 799 h [2001]). O centro comarcal é Viana do Bolo.
    Xeografía física
    A súa abrupta topografía e a elevada altitude dos relevos da serra de Queixa, no O, e de Pena Trevinca, no L, fan da comarca un espazo moi movido e con alternancia de vales e montañas. No N, nos concellos de Viana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Presidente do órgano reitor do Produto Galego de Calidade Ternera Gallega, foi xerente de FEIRACO, xerente e secretario da cooperativa de Tapia, xerente de Industrias Lácteas, presidente da Mutualidad Agraria Provincial e concelleiro de Ames. Recibiu o premio da Orden Civil del Mérito Agrícola. Publicou Lembranzas. Una vida en el campo gallego (2001) e Os muíños de Riamontes. Contos da miña aldea (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e humanista. Bispo de Alba e protexido polos papas León X e Clemente VII, a súa obra latina pretendeu a conciliación da cultura humanística e a relixión. Foi autor dos poemas Sacchia ludus e De bombyce, poesías líricas, un tratado de arte poética, Poeticorum libri tres (1527), e unha vida de Xesús Cristo, en estilo virxiliano.

    VER O DETALLE DO TERMO