"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Relativo ou pertencente ao chumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antepeito decorado, de calquera material, móbil ou non, que, na igrexa paleocristiá e medieval, compartimentaba espazos ao redor do presbisterio ou do coro, coma se fose unha cancela ou un facistol.

    2. Ménsula que, a xeito de repisa, serve para colocar unha estatua ou como apoio a unha columna.

    3. Antepeito que pecha a parte inferior do intercolumnio.

    4. Cada un dos caixóns, estantes ou táboas que compoñen un moble para libros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pneumoperitoneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza de aire ou de gas na cavidade peritoneal, debido á perforación de vísceras baleiras. Pode ser provocada artificialmente con finalidade diagnóstica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás poáceas.

    2. Planta da familia das poáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das ciperais, constituída por plantas herbáceas, anemófilas e de talos fistulosos chamados canas. As follas constan de limbo, xeralmente longo e estreito, dunha vaíña que envolve o talo, e dunha lígula. As flores son case sempre hermafroditas, formadas normalmente por tres estames, un ovario unilocular cun só primordio seminal, dous estilos con estigmas plumosos e dúas escamas pequenas chamadas lodículas e glumélulas, das que a glumela inferior ou lema é membranosa ou coriácea, e a superior ou pálea, é fina e delicada. Unha ou varias flores con brácteas forman unha espícula, que está protexida por dúas brácteas denominadas glumas. As espículas están reunidas en panículas, acios ou espigas. O froito é un cariópside. É unha familia cosmopolita de grande importancia na constitución dos prados, as sabanas e as estepas, así como na agricultura, como os cereais. Antigamente esta familia recibía o nome de gramíneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás podocarpáceas.

    2. Planta da familia das podocarpáceas.

    3. Familia de coníferas integrada por árbores e raramente por arbustos perennifolios, con follas lineais, lanceoladas, aciculares ou escamiformes, e nalgúns casos con cladodios e pseudocarpos, xeralmente carnosos. Son plantas dioicas propias do hemisferio sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás podostemonáceas.

    2. Planta da familia das podostemonáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das podostemonais, integrada por plantas herbáceas acuáticas que viven adheridas ás pedras en cursos rápidos de auga. Son plantas tropicais, moi modificadas, con aspecto de criptógamas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e físico francés. Profesor na École Polytechnique e en La Sorbonne de París, realizou importantes investigacións en análise matemática, cálculo de probabilidades, calor, acústica, capilaridade e elasticidade de materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e topógrafo francés. Profesor do Conservatoire National des Arts et Métiers, inventou diversos instrumentos para traballos fotogramétricos de restitución de fotografías verticais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás polemoniáceas.

    2. Planta da familia das polemoniáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, ou raramente leñosas, da orde das solanais, caracterizadas por ter follas alternas e xeralmente simples, flores actinomorfas ou lixeiramente cigomorfas, hermafroditas, pentámeras, de corola infundibuliforme, campanulada ou tubular, reunidas en inflorescencias cimosas, e con froitos en cápsula. A maioría son propias de América do Norte. Algunhas, como o polemonio, teñen importancia en xardinaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • paradentose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás polianxiáceas.

    2. Bacteria da familia das polianxiáceas

    3. Familia de bacterias, da orde das mixobacteriais, con células longas e delgadas, frecuentemente fusiformes, que producen quistes e corpos frutíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás poligaláceas.

    2. Planta da familia das poligaláceas.

    3. Familia de plantas herbáceas ou arbustivas, de follas simples e ordinariamente alternas, de flores hermafroditas, cigomorfas, de xineceo súpero, case sempre en acio, e de froitos xeralmente en cápsula loculicida. É unha familia de distribución cosmopolita, das que destacan as polígalas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás poligonáceas.

    2. Planta da familia das poligonáceas.

    3. Familia de poligonais integrada por plantas case sempre herbáceas, de follas simples, enteiras, alternas, tipicamente provistas dunha vaíña de orixe estipular chamada ócrea; de flores pouco vistosas, hermafroditas ou unisexuais, de xineceo súpero, polo xeral anemófilas e frecuentemente agrupadas, e con froitos en núcula. A maioría das súas especies son propias das rexións temperadas do hemisferio norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento da cifra de leucocitos polinucleares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polímero formado por un número considerable de mononucleótidos. Cando estes son desoxirribonucleótidos, os polímeros denomínanse ácidos desoxirribonucleicos (ADN), e cando son ribonucleótidos, ácidos ribonucleicos (ARN).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás polipodiáceas.

    2. Fento da familia das polipodiáceas.

    3. Familia de fentos, da orde das filicais, integrada por especies frecuentemente rizomatosas, de frondes enteiras ou pinnadas, con esporanxios pediculados que se abren transversalmente pola acción dun anel lonxitudinal, que se agrupan en soros, con ou sen indusio. A maioría das especies son propias das rexións cálidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos pólipos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás poliporáceas.

    2. Fungo da familia das poliporáceas.

    3. Familia de fungos basidiomicetos, da orde das agaricais, formada por especies cos carpóforos carnosos, coriáceos ou leñosos, xeralmente en forma de ménsula, co himenio disposto en tubos e con esporas brancas. Adoitan ser lignícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de politiquear.

    VER O DETALLE DO TERMO