poligaláceo -a
poligaláceo -a
(< lat científico Polygala,xénero de plantas)
-
adx
Relativo ou pertencente ás poligaláceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das poligaláceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas herbáceas ou arbustivas, de follas simples e ordinariamente alternas, de flores hermafroditas, cigomorfas, de xineceo súpero, case sempre en acio, e de froitos xeralmente en cápsula loculicida. É unha familia de distribución cosmopolita, das que destacan as polígalas.