"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Avogado e xornalista. Liberal, foi deputado por Vigo (1881-1922), subsecretario de Gobernación (1887) e ministro de Facenda con Sagasta, Montero Ríos e Romanones. En 1908 fundou o diario La Voz de Vigo e colaborou en Los Debates e El Correo. Fundador do Partido Nacional (1913) e presidente honorario da Cámara de Comercio de Vigo, desde 1923 foi nomeado senador con carácter vitalicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Deuse a coñecer a través de obras inspiradas no folclore vasco. Compuxo danzas, poemas sinfónicos, marchas, zarzuelas e as óperas Medi-Mediyan (1910), Las golondrinas (1914) e La Llama, estreada postumamente (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xeito de facer unha cousa unha persoa ou unha comunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Reformador relixioso musulmán. Creador da cidade e do Imperio de Sokoto (1804-1904), predicou a guerra santa contra os soldados hausa (1804) e provocou o alzamento dos fulbe e a súa supremacía política na rexión. Sucedeuno no goberno seu fillo Mu ḥ ammad Bello (1817-1855).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Director do Instituto Arqueolóxico Ruso de Constantinopla (1894-1914), a súa Istorija vizantijskoj imperii (Historia do Imperio Bizantino, 1914-1926), foi fundamental para comprender o papel de Bizancio na formación de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director cinematográfico. Coñecido como Peter Ustinov, destaca pola súa forte personalidade dramática e humorística. Protagonizou filmes como Quo Vadis? (1951, Golden Globe en 1952), Spartacus (1960, Oscar en 1961), Topkapi (1964, Oscar en 1965) ou The Old Curiosity Shop (1994). Como realizador destacan School of Secrets (1946), Romanoff and Juliet (1961), Lady L. (1965) e Nemed, my Hawk (1984). Embaixador de boa vontade da UNICEF desde 1969, foi galardoado cun Silbener Bär no Festival Internacional de Berlín en 1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de El Salvador (2.130 km2; 333.077 h [estim 1997]). A súa capital é Usulután (62.967 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (6.730 km2; 303.632 h [2000]). A súa capital é Uthai Thani (20.224 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de India (53.483 km2; 8.479.562 h [2001]). A súa capital é Dehra Dūn (270.159 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lääni de Finlandia (6.767 km2; 1.318.324 h [estim 2001]). A súa capital é Helsinqui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Converteuse ao cristianismo lendo as epístolas de san Paulo e, disfrazada de home, entrou nun mosteiro onde chegou a ser abade. Dedicouse a facer vida de santidade e sacrificio. Torturárona e degolárona en Roma. Iconograficamente representouse vestida con longa túnica e manto ou cun hábito de monxe. Como atributo persoal leva unha espada. A súa festividade celébrase o 12 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz consorte de Francia, muller de Napoleón III e filla dos condes de Montijo. Coñecida como Uxía de Montijo, foi condesa de Mora e Baños e grande de España. Seguidora do partido ultramontano e oposta á política italiana do emperador, durante as súas ausencias fíxose cargo da rexencia. Incitou a Napoleón III a declarar a guerra a Prusia. Coa caída do Segundo Imperio, despois da Batalla de Sedan (1870), tivo que exiliarse en Reino Unido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Toledo (646-657). Fundou a sé toledana e presidiu os concilios VIII, IX e X de Toledo. Escribiu 102 poemas recollidos no Libellus diversi caminis metro. Iconograficamente representouse con vestiduras episcopais, co plano dunha igrexa na man e pezas de cantaría ao seu carón. A súa festividade celébrase o 15 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Roma? -? 657) Papa (654-657). Sucedeu a Martiño I, ao ser desterrado este a Crimea. A súa festividade celébrase o 2 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Escribiu poemas anacreónticos e odas morais e publicou Sieg des Liebesgottes (A vitoria do deus do amor, 1753) e Versuch über die Kunst stets fröhlich zu seyn (Investigación sobre a arte de ser feliz, 1760).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado da Asia central, que limita ao N con Kazakhstán, ao NO co Mar de Aral, ao L con Kirguisistán e con Taxikistán e ao S, con Afganistán e Turkmenistán (447.400 km2; 24.731.000 h [estim 2001]). Inclúe a República Autónoma de Karakalpaquistán. A capital é Taškent.
    Xeografía física
    A maior parte do territorio de Uzbekistán está ocupado polo deserto de Kizylkum, de area vermella. Hai dúas zonas de recheo ben delimitadas. Por unha banda, as chairas centrais, cortadas por pequenas serras e as correspondentes concas de drenaxe, a miúdo con marxes salinas. Pola outra, a parte oriental do país é moi accidentada, atopándose alí as cordilleiras de Hissar, Zeravšan e Nura-Tau, os contrafortes das montañas do Pamir e o Alaj, e as cordilleiras de Čatkal, Kuramin e Karzantau, que son prolongacións da cadea de Tien-Shan. Entre as montañas atópanse as terras máis fértiles, os vales de Fergana, Zeravšan,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano (1454-1478) da dinastía turcomá dos Ak Koyünlü. Conquistou Armenia (1466) e Persia (1469) e estableceu unha florecente corte en Tabrīz. Enfrontado cos otománs, fíxose co control de Toqat, mais foi derrotado por Mehmet II en Erzican (1473), o que iniciou a desmembración da confederación dos Ak Koyünlü.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canal empregado no servizo RDSI, que pode transportar ata 64 kbps de datos, voz ou vídeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi racioneiro en Santiago de Compostela (1481) e cóengo en Salamanca (1491), onde se encargou de contabilizar os milagres que se realizaban por intercensión do Apóstolo Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo, romanista e latinista finlandés. Catedrático da Universidade de Helsinqui (1951-72), foi director do Institutum Romanum Finlandiae. Especializouse en latín vulgar, protohistoria das linguas románicas e linguaxe epigráfica. É autor do Étude sur le texte et la langue des tablettes Albertini (1965), do manual Introdution au latin vulgaire (1963), moi reeditado, e de Le journal-epitre d’Egerie (Itinerarium Egeriae). Étude lingüistique (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO