Ustinov, Peter Alexander von

Ustinov, Peter Alexander von

Actor e director cinematográfico. Coñecido como Peter Ustinov, destaca pola súa forte personalidade dramática e humorística. Protagonizou filmes como Quo Vadis? (1951, Golden Globe en 1952), Spartacus (1960, Oscar en 1961), Topkapi (1964, Oscar en 1965) ou The Old Curiosity Shop (1994). Como realizador destacan School of Secrets (1946), Romanoff and Juliet (1961), Lady L. (1965) e Nemed, my Hawk (1984). Embaixador de boa vontade da UNICEF desde 1969, foi galardoado cun Silbener Bär no Festival Internacional de Berlín en 1972.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso

    Lugar : Suíza