"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Verín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á lingua madinga.

    2. Lingua mandé do phylum níxer-congo que se fala en Gambia, Guiné-Bissau e Senegal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne ou fruticosa, de ata 3 m de altura, que presenta raíces tuberosas e follas dixitadas. É orixinaria de Brasil e cultívase en toda América tropical e en diversas zonas de Asia e África. Polo seu contido en glícidos, substitúe, en certos países, os cereais na dieta alimenticia. Os tubérculos empréganse na industria téxtil, na fabricación de explosivos e de alcohol, e das súas raíces extráese unha fécula denominada tapioca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mandjas.

    2. Individuo do pobo mandja.

    3. Pobo de África de raza sudanesa que habita na República Centroafricana, entre os ríos Ubangui e Chari.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de mandar.

      1. Poder de alguén para obrigar aos demais a  que o obedezan.

      2. Persoa ou colectivo que ten o poder ou a responsabilidade de mandar.

    2. Carácter de quen ten a capacidade de mandar.

    3. Conxunto de accións e instrucións para conseguir que un elemento mecánico, eléctrico ou electrónico dun aparato ou dun sistema realice unha determinada función. Poden ser dadas por un operador dunha maneira mecánica mediante pancas ou volantes (comandancia mecánica ou manual), ou ben poden ser realizadas sen a intervención humana (comandancia automática); cando a orde ou acción é transmitida a distancia, fálase de comandancia a distancia ou de telecomandancia, e cando chega a ser amplificada antes da súa aplicación, fálase de servocomandancia. Un tipo especial de comandancia é a numérica, que consiste en dar as instrucións segundo un código numérico rexistrado nunha cinta perforada ou nun disco magnético.

      1. Cada un dos instrumentos que actúan sobre os mecanismos dunha máquina modificando algunha das súas características e que permiten a dirección e o control do funcionamento.

      2. mandos de voo

        Conxunto dos dispositivos que permiten accionar os temóns dunha aeronave para controlar o seu movemento. Nun avión convencional os mandos de voo son dous: a panca de control e os pedais de dirección. O aviador empuña a panca de control que ten dous movementos: un lonxitudinal que acciona o temón de profundidade ou de elevación (que controla o cabeceo do avión) e un lateral, de esquerda a dereita e á inversa, que acciona os aleróns (que controlan o balanceo do avión); e os pedais de dirección que accionan o temón de cola ou de dirección (que controla a guinada do aparato).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade de algo que se pode coller dunha soa vez cos brazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento musical de catro ou máis cordas dobres, que presenta unha forma semellante ao laúde, pero inferior en tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento musical de catro cordas dobres, que presenta unha forma semellante ao laúde pero moi inferior en tamaño, e cunha caixa de resonancia alombada polo dorso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que toca a mandolina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen gusta de mandar en alguén.

    2. Que ou quen manda arrogantemente e abusa da súa autoridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Recelle (Portomarín). O seu cumio acada os 583 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nimbo de forma almendrada ou ovalada que rodea a figura do Pantocrátor, na arte paleocristiá, bizantina e románica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben as plantas do xénero Mandragora, da familia das solenáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das solanáceas, que presentan as raíces napiformes e dispostas e as follas simples, oblongas, lanceoladas e roseta basal. As flores son campanuladas, pedunculadas e de cor violácea, e o froito en baga amarela ou alaranxada. Teñen propiedades narcóticas. Comprende dúas especies, M. officinarum, de Dalmacia, e M. autumnalis, da parte sudoccidental da Península Ibérica e doutras rexións mediterráneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Cristovo de Cea baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ponte situada na parroquia de Mandrás, no concello de San Cristovo de Cea, sobre o río Barbantiño. Construíuse para dar continuidade ao Camiño Real de Ourense a Santiago. Ten un só van, de arco de medio punto de cantería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero da orde dos primates que mide 1 m de lonxitude e pesa uns 50 kg. É moi robusto e está dotado dunha gran forza muscular, cunha cabeza moi grande e viseira supraorbital marcada. O fociño é alongado, de cor negra nas femias e vermello cunhas protuberancias cutáneas laterais azuis nos machos. O pelame é longo e pouco denso, dunha cor terrosa no dorso e os flancos, amarelenta no peito e abrancazado no ventre. Habita nas selvas de África occidental, e aliméntase dunha gran variedade de plantas e pequenos animais. De costumes sedentarios, habita en grupos de ata 50 individuos, dirixidos por un macho vello. Ten un carácter agresivo e irritable.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Utensilio de forma cilíndrica ou cónica que se introduce no orificio dunha peza para suxeitala.

      2. Utensilio destinado a igualar un orificio e deixalo á medida exacta.

      3. Utensilio que serve para arrincar parafusos dobrados, e que consiste nun parafuso cónico enroscado cara á esquerda.

    1. Fío ou barra metálica que se introduce dentro das sondas ou cánulas para aumentar a resistencia e facilitar a súa penetración, ou ben dentro das agullas de inxección para impedir que se atasquen.

    VER O DETALLE DO TERMO