mandioca

mandioca

(< guaraní mandiog)

Nome científico: [Manihot utilissima, Fam das euforbiáceas]
s f [PLANTA]

Planta herbácea perenne ou fruticosa, de ata 3 m de altura, que presenta raíces tuberosas e follas dixitadas. É orixinaria de Brasil e cultívase en toda América tropical e en diversas zonas de Asia e África. Polo seu contido en glícidos, substitúe, en certos países, os cereais na dieta alimenticia. Os tubérculos empréganse na industria téxtil, na fabricación de explosivos e de alcohol, e das súas raíces extráese unha fécula denominada tapioca.

Sinónimos

Palabras veciñas

mandilón | Mandín | mandingo -ga | mandioca | mandja | 1 mando | 2 mando