"Est" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 2747.

  • Estreito que separa a costa meridional da Península Ibérica e a costa setentrional africana. Ten uns 14 km de anchura mínima e comunica o Océano Atlántico co Mar Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compilador grego. É autor dunha antoloxía de escritores gregos, desde Homero aos neoplatónicos, dividida por temas en catro libros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monarca lendario e sacerdote cristián nestoriano que a tradición europea da Idade Media, desde 1145, situaba nun país imaxinario e opulento de Asia. As súas terras foron identificadas durante o s XIV con Abisinia e el co rei de Etiopia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa, filla de Ricardo de Lestonnac e de Xoana Eyquem de Montaigne, e sobriña do humanista Montaigne. Despois dunha curta experiencia no císter de Toulouse, traballou a prol das mulleres. Cun grupo de compañeiras e coa axuda dos xesuítas Xoán de Bordes e Francisco Raymond, fundou a orde da Compañía de María a Nosa Señora en Bordeos, aprobada polo Papa Paulo V en 1607. A súa intención era aplicar á educación das mulleres os postulados que Montaigne defendía para a educación dos homes: a educación do home íntegro, a instrución en todo o que se refire ao espírito e á recta dirección do entendemento e dos costumes. Tamén recibiu a influencia das escolas calvinistas da época e, sobre todo, da Compañía de Xesús, a través do seu sistema pedagóxico, a Ratio Studiorum. A súa festividade celébrase o 15 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado ao O do pantano de La Fuensanta (3.800 h [2001]). Ten cultivos de arroz, cereais e vides e explotación forestal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Saxofonista. Considerado un dos grandes precursores do jazz moderno, foi o pai da tendencia cool.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Gipuzkoa, Euskadi, situada no val do Urola (3.100 h [2001]). Centro agrícola e gandeiro, ten industria metalúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO