Xoán, Preste
Xoán, Preste
Monarca lendario e sacerdote cristián nestoriano que a tradición europea da Idade Media, desde 1145, situaba nun país imaxinario e opulento de Asia. As súas terras foron identificadas durante o s XIV con Abisinia e el co rei de Etiopia.