Xoán/Xoana

Xoán/Xoana
[ONOM]

Antropónimo que procede do hebreo Yohanan ou Yehohanan, composto por Yoh ou Yah abreviatura de Yahweh ‘Deus’ e hanan ‘misericordia’, co significado de ‘Deus é misericordioso’. Pasou ao grego como Ioánnes e ao latín como Iohannes e Ioannes. Deu orixe aos apelidos Eáns, Seoane, Seivane e Sanxuás. Presenta a variante Xan.