Xoana de Arco, santa
Heroína francesa. Coñecida como a doncela de Orléans, naceu nunha familia acomodada de campesiños e durante a súa infancia viu como o seu país era invadido por tropas inglesas e borgoñonas. Cando estas asediaron Orléans e o delfín Carlos se refuxiou en Chinon, presentouse alí e este confioulle unha forza armada coa que conseguiu vencer os ingleses e levantou o sitio de Orléans en maio de 1429. Dirixiu un ataque infrutuoso contra París e o 24 de maio de 1430 foi capturada polos borgoñóns. Entregada aos ingleses, foi sometida a un tribunal eclesiástico acusada de bruxaría. Declarada culpable de herexía, foi condenada á fogueira e queimada. Foi rehabilitada solemnemente en 1456, considerada mártir e símbolo da unidade dos franceses. Canonizada en 1920 e proclamada patroa de Francia, a súa festividade celébrase o 30 de maio.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Domrémy, Champaña -
Deceso
Lugar : Rouen