"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
PERSOEIRO
Arcebispo de Ravenna e de Boloña (1952-1958) e cardeal (1953-1976). Promoveu o movemento litúrxico en Italia. Paulo VI nomeouno moderador do Concilio Vaticano II (1963), onde representou a tendencia aperturista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor sueco. A súa poesía foi un claro expoñente do neorromanticismo sueco. Das súas obras destaca Legende och visor (Lendas e cancións, 1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escritor italiano. Vencellouse á tradición pictórica postimpresionista francesa e tivo que exiliarse por antifascista. Escribiu Cristo si è fermato a Ebol (1945), L’orogio (1950) e Il futuro ha un cuore antico (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carlton Frederick Lewis.
-
PERSOEIRO
Atleta estadounidense. Coñecido como Carl Lewis, foi campión do mundo en Helsinqui (1983) e Roma (1987) en 100 m lisos, salto de lonxitude e 4 x 100 m lisos. Gañou catro medallas de ouro (100 m, 200 m, 4 x 100 m e salto de lonxitude) nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984), dúas (100 m e salto de lonxitude) nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988), outras dúas (salto de lonxitude e 4 x 100 m) nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) e nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) foi medalla de ouro en salto de lonxitude. Retirouse en 1997. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias do Deporte (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Endocardite verrugosa que pode afectar a calquera das catro válvulas cardíacas e que se asocia cun lupus eritematoso diseminado.
-
PERSOEIRO
Escritor sueco. Evolucionou desde un certo inmoralismo estético da súa xuventude cara a unha actitude relixiosa. Da súa produción destaca Huset med de gamla frökarna (A casa das belas damiselas, 1918) e Silfverstaahl (1910-1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Converter en madeira.
-
Volverse lignificado.
-
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e inventor alemán. Foi un dos iniciadores da industria frigorífica, coas súas máquinas de absorción e compresión e o seu procedemento para a licuefacción do aire a escala industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático alemán. En 1882 demostrou que ð é un número transcesdente, é dicir, non é a solución de ningunha ecuación alxébrica en forma de polinomio con coeficientes racionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista sueco. Coñecido tamén pola forma latinizada do seu nome, Carolus Linnaeus, e pola españolizada, Linneo, estudiou medicina nas universidades de Lundt e Uppsala. Realizou expedicións botánicas en Laponia, viaxou por Europa, onde ampliou os seus estudios de medicina, ata que en 1738 se estableceu en Uppsala como médico privado, e como profesor da universidade, primeiro de medicina (1741) e logo de botánica (1742). Considerado o pai da taxonomía, ciencia que se ocupa da clasificación dos seres vivos, inventou o sistema de nomenclatura científica binomial, aínda en vigor, en que a cada especie se lle asigna un nome formado por dúas partes: a primeira é o nome xenérico, que o comparte con outras especies próximas e se escribe en maiúsculas; a segunda é o nome específico, escrito en minúsculas. Á súa vez, os xéneros agrupounos en familias, estas en ordes, as ordes en clases, as clases en filos e, por último, os filos en reinos. Foi partidario da inmutabilidade das...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta o froito liso.
-
PERSOEIRO
Antropólogo. Catedrático de Antropoloxía Social na Universidad Complutense de Madrid (1970), realizou numerosos traballos de campo relacionados con Galicia e ensaios relacionados coa bruxería e o demo, como Antropología cultural de Galicia (1971), Endemoniados en Galicia hoy (1984), Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega (1984) e La Santa Compaña (1998). Membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, recibiu o Premio Aragón das Ciencias Sociais e Humanas (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Da súa filmografía destacan Cromache di poveri amanti (1954), unha das producións máis importantes do neorrealismo italiano, Il gobbo (1960), Mussolini ultimo atto (1974), Caro Gorbaciov (1988), Cattiva (1991) e Operazione Appia Antica (2003). Realizou tamén o documental Luchino Visconti (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordos asinados o 16 de outubro de 1925 en Locarno (Suíza) entre A. Briand, J. A. Chamberlain, B. Mussolini, G. Stresemann e Vandervelde, que garantizaban as fronteiras impostas polo Tratado de Versailles nas rexións renanas. En caso de conflito entre Polonia e República Checa, Alemaña, Francia ou Bélxica, acordouse unha arbitraxe obrigatoria. A invasión de Renania, desmilitarizada por parte de A. Hitler en 1936, invalidou estes acordos.
-
PERSOEIRO
Compositor alemán. Foi profesor de música, organista, director e cantor en Szczecin. Tamén foi director nos festivais de Maguncia e Düsseldorf (1820-1866). Da súa produción destacan baladas para voz e piano, oratorios, cantatas e pezas para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Berrande (Vilardevós), no límite con Portugal. O seu cumio acada os 700 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jane Alice Peters.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota). O seu cumio acada os 624 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO