Locarno, Acordos de

Locarno, Acordos de

Acordos asinados o 16 de outubro de 1925 en Locarno (Suíza) entre A. Briand, J. A. Chamberlain, B. Mussolini, G. Stresemann e Vandervelde, que garantizaban as fronteiras impostas polo Tratado de Versailles nas rexións renanas. En caso de conflito entre Polonia e República Checa, Alemaña, Francia ou Bélxica, acordouse unha arbitraxe obrigatoria. A invasión de Renania, desmilitarizada por parte de A. Hitler en 1936, invalidou estes acordos.