"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

    1. Relativo ou pertencente ás politricáceas.

    2. Brión da familia das politricáceas.

    3. Familia de brións cespitosos, coas follas fortes coas laminiñas superiores parenquimatosas, feixes condutores concéntricos, e cápsula longa, cilíndrica e co peristoma simple, e cofia peluda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten froitos en pomo.

      1. Relativo ou pertencente ás pomáceas.

      2. Planta da antiga familia das pomáceas.

      3. Antiga familia de plantas dicotiledóneas, que actualmente se incluíron na familia das rosáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Entre 1854 e 1858 tivo en arrendamento os obradoiros tipográficos de Francisco Arza, fillo de Pascual Arza, na Coruña, mentres Arza establecía outros en Santiago de Compostela, Pontevedra e Lugo. Editou Proyecto de ley para arreglo del notariado (1855), de Fermoso. Castor Míguez mercou este obradoiro en 1859.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cónsul romano. Cuestor en Sardeña e pretor, foi nomeado cónsul en 89 a C despois de obter diversas vitorias durante a guerra social. Outorgou coa lex pompeia o dereito latino ás cidades de Transpadana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar romano, fillo de Cneo Pompeo Estrabón e xenro de Caio Xulio César. Sila confioulle unha expedición contra os partidarios de Mario en Sicilia e África (82-80 a C), que lle valeu o título de Magno. Nomeado procónsul (77 a C), aniquilou os seguidores de Mario, que Sertorio reorganizara en Hispania. Ao seu regreso, rematou coa revolta de escravos liderada por Espártaco en Roma, compartindo a vitoria con Marco Licinio Craso Dives. Elixidos cónsules (71 a C), ambos os dous dedicáronse a abolir a lexislación de L. C. Sila. Substituíu a Lúculo na dirección da guerra contra Mitridates VI de Ponto, anexionou Siria e entrou vitorioso en Xerusalén (63 a C). A pesar de odiar a ditadura, o Senado temía a súa puxanza e o pobo non o apoiaba como antes. Obrigado a buscar aliados en Licinio Craso e César, tivo que pactar con eles un compromiso de asistencia mutua e de distribución de influencias, coñecido como primeiro triunvirato (60 a C). Contribuíu a que César obtivese o mando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romano, fillo de Cneo Pompeo Magno. Enfrontado a Caio Xulio César en vinganza polo asasinato de seu pai, coa morte de César (44 a C) foi nomeado praefectus classis et orae maritimae. Proscrito polo segundo triunvirato, ocupou, coa axuda dos piratas, Sicilia, Sardeña e Córsega. Obtivo daquela o favor de Marco Antonio, quen, temeroso do seu poder crecente, abandonouno ante Octavio. Foi derrotado por Marco Vipsanio Agripa e fuxiu a Asia, onde morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente da forma latina Pompeius, nome con que se designaba unha gens romana que, á súa vez, pode proceder do numeral sabino pompe ‘cinco’. Presenta a variante Pompeu. San Pompeo celébrase o 4 de decembro e santa Pompea o 2 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Ao servizo do goberno francés no exilio do xeneral Charles de Gaulle, foi funcionario do Consello do Estado (1946-1954) e director xeral da banca Rothschild (1956-1958). Despois de ser xefe do gabinete do presidente De Gaulle (1958-1959), volveu ao seu cargo na banca. Foi primeiro ministro (1962-1968) e, ao retirarse De Gaulle, presidente da república (1969-1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. Participou na conquista de Granada (1481-1492) e foi a América con Cristovo Colón (1493). Conquistador e gobernador (1510-1512) de Borinquén (Puerto Rico), combateu a resistencia dos indios ao sistema de encomendas. En 1513 descubriu Florida, cando estaba na procura da fonte da eterna xuventude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, terceiro conde de Arcos, primeiro marqués e duque de Cádiz. Capitán xeneral da Guerra de Granada e conselleiro e privado dos Reis Católicos, foi un dos últimos grandes señores feudais andaluces.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pontederiáceas.

    2. Planta da familia das pontederiáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das liliais, composta por plantas acuáticas, de follas alternas, a miúdo dísticas, con estípulas liguliformes. Teñen flores cigomorfas, hermafroditas, trímeras, de periantio corolítico e de xineceo súpero, reunidas en espigas. Os seus froitos son en cápsula. Viven en augas continentais de rexións cálidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Guarda a partir de 1985 como voceira do grupo de arqueoloxía Alfredo García Alén. Dirixida por Ramón Patiño, no seu consello asesor participaron algúns dos máis destacados investigadores de Galicia no campo da arqueoloxía, a prehistoria, a historia e a antropoloxía. Incluíu diferentes artigos sobre escavacións, sondaxes estratigráficas, prospeccións arqueolóxicas e notas etnográficas, acompañadas de debuxos, mapas, fotografías e abundante bibliografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución de Roma fundada polo monxe cisterciense Desiderio d’Auditorio (1543) xunto cun grupo de artistas. Os seus membros foron designados co nome de virtuosos por cultivar as belas artes por decoro e pola gloria da fe. Organizaban unha exposición anual de pintura, cunha atención especial á arte sacra. O seu estatuto data de 1947 e consta de 60 membros residentes e 60 correspondentes, entre os que se admite a mulleres, ao contrario do resto das academias pontificias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á parte posterior do xeonllo.

    2. Aplícase á arteria do músculo ou do nervio que pasan pola zona poplítea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ungüento calmante, astrinxente antihemorroidal, feito a base de gromos de lamigueiro secos, de follas secas de beladona e de beleño, machucados nunha mestura de etanol, á que se lle engade un excipiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é de cor verde escura.

    2. Aplícase aos vómitos e esputos de cor verde escura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir de abril de 1976. Subtitulada “Revista de Filatelia”, estivo dirixida por Juan Ramón Díaz-Jácome. Editada pola Sociedade Filatélica da Coruña, funcionou como voceira da Federación Galega de Sociedades Filatélicas. Aínda que nun primeiro momento saíu cada dous meses, en 1977 comezou a ser trimestral. Incluíu estudos postais e filatélicos que a situaron entre as máis destacadas publicacións deste xénero en España. A partir de 1982 orientouse cara a temas máis divulgativos. Cesou en marzo de 1986 e volveu editarse a partir de 1991 como boletín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico inglés. Estudou na Leeds University e na University of Cambridge, onde foi discípulo de R. Norrish, co que colaborou nas investigacións encamiñadas á obtención de reaccións químicas ultrarrápidas, traballos que recibiron o Premio Nobel de Química en 1967, compartido con M. Eigen. Despois especializouse no estudo da fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cerdedo, no concello homónimo. O seu cumio acada os 822 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás portulacáceas.

    2. Planta da familia das portulacáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das cariofilais, composta por plantas herbáceas ou subarbustivas, de follas dispersas ou enfrontadas, carnosas e estipuladas, de flores hermafroditas, en xeral regulares e hipóxinas, agrupadas en acios racemiformes, e de froitos dehiscentes, normalmente capsulares. De distribución cosmopolita, a especie máis común é a beldroega.

    VER O DETALLE DO TERMO