portulacáceo -a

portulacáceo -a

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás portulacáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das portulacáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas, da orde das cariofilais, composta por plantas herbáceas ou subarbustivas, de follas dispersas ou enfrontadas, carnosas e estipuladas, de flores hermafroditas, en xeral regulares e hipóxinas, agrupadas en acios racemiformes, e de froitos dehiscentes, normalmente capsulares. De distribución cosmopolita, a especie máis común é a beldroega.