portuñol

portuñol

(< portu[gués] + [espa]ñol)

s m [LING]

Lingua franca que mestura portugués e español. Ten presenza nas fronteiras que Brasil comparte con Bolivia, Perú, Colombia e Venezuela, pero principalmente estendeuse na rexión que circunda as cataratas do Iguaçú na fronteira entre Arxentina, Brasil e Paraguay. Do lado brasileiro, os estados onde a influencia deste fenómeno é maior, son os de Rio Grande do Sul e Paraná; as rexións de Itaipú e Alto Paraná en Paraguay, e as provincias de Misiones e Corrientes en Arxentina. Tamén existe un portuñol en Portugal. Esta lingua estase introducindo na lingua popular, na música e na literatura (en 2003 publicouse o primeiro libro de poesía en portuñol, Sonetos salvajes, do poeta Douglas Diegues).