"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Realizou numerosas investigacións e descubrimentos sobre a atmosfera terrestre e as radiacións cósmicas, das que destacan especialmente os cintos que levan o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Demócrata, foi secretario de estado (1829-1831) e vicepresidente (1833-1837) de EE UU, e sucedeu a A. Jackson como presidente do país (1837-1841). Non resolveu a crise económica de 1837.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xerador electrostático de alta tensión (ata uns 8 MV) que consiste nunha correa sen fin, que transporta as cargas eléctricas, e unha esfera condutora onde se van acumulando ditas cargas. Emprégase sobre todo como acelerador de partículas. Foi inventado polo físico estadounidense, Robert Jemison Van de Graaff (Tuscaloosa, Alabama 1901-Boston 1967).
-
PERSOEIRO
Arquitecto e urbanista. Iniciou a súa actividade (1927) dentro da linguaxe racionalista. Asociado desde 1948 con Jacob B. Bakema, realizou o centro comercial Lijnbaan de Rotterdam (1953), o pavillón holandés das exposicións internacionais de París (1937), Bruxelas (1958) e Osaka (1970), e o conxunto das oficinas municipais de Marl, en Alemaña (1957-1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Traballou en París (1950-1954) como fotógrafo independente. Instalado en Amsterdam (1954-1971), cultivou a fotografía en branco e negro e retratou sen flash ambientes e tipos, con grande interese polos barrios deprimidos. Viaxou a África e Xapón e realizou reportaxes en cor. Publicou Love on the left bank (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo estadounidense. Abriu o seu estudo en Harlem (Nova York), onde traballou entre 1914 e 1968 fotografando o barrio neoiorquino como a capital cultural da América negra. As súas imaxes, cheas de romanticismo, retrataron familias de cor e artistas do barrio. Recibiu o ASMP (1969) e o Living Legacy (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta belga. Considerado como un dos máximos representantes do movemento simbolista no seu país, publicou Entrevisions (1897) e La chanson d’Eve (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Johan van Oldenbarnevelt.
-
FAMILIAS
Familia de arquitectos do final do s XVI e da primeira metade do s XVII de orixe holandesa e establecida en Dinamarca. Destacaron Laurens van Steenwickel o Novo (1585-1619), que comezou o castelo de Frederiksborg e a bolsa de Copenhaguen, obras que rematou o seu irmán, Hans van Steenwickel o Novo (1587-1639), autor tamén do castelo de Rosenborg en Amsterdam (1610-1635).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Foi profesor da Universidade de Harvard e está considerado o pioneiro do magnetismo moderno. Investigou a teoría cuántica aplicada á estrutura atómica e a estrutura electrónica de sistemas magnéticos en desorde. En 1977 recibiu, xunto con P. W. Anderson e N. Mott, o Premio Nobel de Física.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago de Anatolia Oriental, Turquía, situado no centro do altiplano armenio, nunha depresión pechada, a 1.720 m de altitude e con 3.700 km2 de superficie. Está rodeado por unha serie de volcáns extintos, como o Süphan (4.434 m). Na beira oriental levántase a cidade de Van.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que non contén nada no seu interior.
-
Que non resulta útil nin eficaz.
-
Que só amosa interese por cousas superficiais e frívolas.
-
-
Espazo baleiro ou desocupado, especialmente o dunha parede onde se abre unha porta ou ventá.
-
van abucinado
an cuxa luz aumenta gradualmente dun paramento a outro.
-
-
Parte do corpo humano que comprende a zona máis estreita entre as costelas e as cadeiras.
-
Cavidade ou estreitamento do corpo que existe entre as costelas e as cadeiras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica dos anións poliatómicos que teñen vanadio como átomo central e dos sales que conteñen estes anións.
-
-
Relativo ou pertencente ao vanadio.
-
Que contén vanadio.
-
Aplícase aos compostos de vanadio con valencia 5.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Clorovanadato de chumbo, de fórmula Pb5Cl(VO4)3, que cristaliza no sistema hexagonal. É de cor amarela, alaranxada ou castaña, e ten unha dureza de 3 e unha densidade de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento químico, de número atómico 23 e peso atómico 50,9415, que pertence ao grupo VB da táboa periódica. É un dos metais da primeira serie de transición e o vixésimo segundo elemento máis común da cortiza terrestre. Foi descuberto por N. Sefström (1839) e preparado en forma pura por Roscoe (1867). O vanadio natural está constituído por unha mestura de dous isótopos, con masas 50 e 51; o vanadio 50 é radioactivo e un dos radioisótopos que existiron ao longo de todo o tempo xeolóxico. O vanadio aparece na natureza en forma de numerosos minerais, como a roscoelita ou a vanadinita. Desde o punto de vista químico é estable no aire a temperatura ambiente e oxídase rapidamente a temperatura elevada. É resistente á auga, ás solucións salinas, ás bases acuosas e aos ácidos sulfúrico e clorhídrico, pero non ao ácido nítrico, á auga rexia e aos álcalis fundidos. Actúa principalmente nos seus compostos con valencia 2, 3, 4 e 5. Ten unha grande aplicación en siderurxia como compoñente minoritario...
-
-
Amasar o pan.
-
Dar forma á masa.
-
Pasar o gran por unha criba para limpalo.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Representante do barroco inglés, das súas obras destacan o Castle Howard (1699-1714), o Blenheim Palace (1705-1724), o castelo de Easton Neston e os palacios de Eastbury e Seaton Delaval.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico illado de Streptomyces orientalis, que se emprega contra as bacterias Gram-positivas, especialmente os estafilococos.
-
ILLAS
Illa de Canadá, en Columbia Británica (32.100 km2; 509.460 h [1986]). Situada no Océano Pacífico, ao S do arquipélago da Raíña Carlota, é paralela á costa, da que a separan as numerosas illas dos estreitos da Raíña Carlota, de Georgia e de Juan de Fuca. Na banda oriental concéntranse os núcleos urbanos principais: Duncan, Nanaimo, Port Alberni, Courtenay, Campbell e Victoria, capital de Columbia Británica. Os recursos económicos derivan da explotación forestal, a minaría (carbón, ferro e cobre), a actividade agropecuaria (leite, froita, verdura) e o turismo. Descuberta en 1592 por Juan de Fuca, foi visitada en 1792 polo capitán G. Vancouver e converteuse en territorio británico en 1846.
VER O DETALLE DO TERMO