vanadio

vanadio

(< Vanadis, deusa damitoloxía escandinava)

Nome científico: [V]
s m [QUÍM]

Elemento químico, de número atómico 23 e peso atómico 50,9415, que pertence ao grupo VB da táboa periódica. É un dos metais da primeira serie de transición e o vixésimo segundo elemento máis común da cortiza terrestre. Foi descuberto por N. Sefström (1839) e preparado en forma pura por Roscoe (1867). O vanadio natural está constituído por unha mestura de dous isótopos, con masas 50 e 51; o vanadio 50 é radioactivo e un dos radioisótopos que existiron ao longo de todo o tempo xeolóxico. O vanadio aparece na natureza en forma de numerosos minerais, como a roscoelita ou a vanadinita. Desde o punto de vista químico é estable no aire a temperatura ambiente e oxídase rapidamente a temperatura elevada. É resistente á auga, ás solucións salinas, ás bases acuosas e aos ácidos sulfúrico e clorhídrico, pero non ao ácido nítrico, á auga rexia e aos álcalis fundidos. Actúa principalmente nos seus compostos con valencia 2, 3, 4 e 5. Ten unha grande aplicación en siderurxia como compoñente minoritario de aceiros, aos que lles confire unha gran resistencia á tracción e mellora a dutilidade, e tamén nas industrias do vidro e a cerámica.

Palabras veciñas

vanadato | vanádico -ca | vanadinita | vanadio | vanar | Vanbrugh, John | vancomicina