"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escultor. Coñecido como o Vello, estivo activo en Castela e, a partir de 1557, en Sevilla. A súa obra, influída pola de Miguel Anxo, a través de Alonso Berruguete, incidiu no manierismo. Destacan as súas esculturas para a catedral de Toledo (1552-1553), o retablo maior da catedral de Sevilla (1562) e a portada do Hospital de la Sangre (1564).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e poeta. Colaborou en varias publicacións de Mondoñedo e Bos Aires e formou parte da comisión para a fundación do Centro Gallego (1912). Fundou (1905) e dirixiu a revista Galicia, revista regional de ciencia, información, literatura, arte e protección e publicou Memorias de Mondoñedo (1904), en que se mesturan descricións da vila con poesía. Os seus poemas foron editados postumamente co título Do noso Lar (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1896). En 1899 gañou o concurso do balneario da Toxa, hoxe desaparecido, cuxa construción se realizou en 1905. En 1907 iniciou a construción do Centro Galego da Habana. Foi arquitecto municipal e do bispado de Ourense. Realizou unha obra de características modernistas e eclécticas, da que destacan, entre outros, o desaparecido edificio do Garaxe Hispanoamericano no Paseo; a vivenda de M. Feijoo en Ceano Rivas; o palco da música da Alameda, o quiosco da Sociedad Recreativa La Peña, o Asilo Santamarina-Temes do Santo Anxo, a Caixa de Aforros Provincial e a delegación de Defensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e escritor. Catedrático de Lingua e Literatura Galegas, foi o impulsor do Arquivo Sonoro de Galicia, onde coordinou edicións de arquivos sonoros de Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Celso E. Ferreiro ou Xoaquín Lorenzo, entre outros proxectos, e participou nas actividades do grupo Marcelo Macías do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e na Fundación Otero Pedrayo. Publicou diversos artigos sobre arqueoloxía, historia local e emigración en Boletín Auriense e Raigame, e traduciu ao galego O marabilloso mago de Oz (1994), de L. Frank Baum. É autor da biografía Xoaquín Lorenzo Fernández “Xocas” (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e ilustrador. Cultivou principalmente a paisaxe, sobre todo a urbana, de carácter realista. Como ilustrador, destaca o seu traballo no libro Vigo sentimental, de F. Fernández del Riego, onde reflectiu recunchos e edificios da cidade e retratos de persoeiros de todos os tempos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Tiziano, formouse en Venecia nos obradoiros de S. Zucato, dos Bellini e de Giorgione, que lle influíu nos frescos da Scuola del Santo de Padua (1511). En 1516 foi nomeado pintor oficial da República de Venecia e pintou Amor Sacro e Amor Profano. Cultivou o naturalismo cunha cor de gran forza plástica e moita audacia compositiva, en obras como a Pala Pesaro (1526), na que plasmou o drama humano a través de monumentais estruturas figurativas e da utilización da luz contrastada, ao tempo que renovou a iconografía mitolóxica con Baccanàle (1518?). Desde 1530 visitou as cortes de Ferrara, Mantua e Urbino, onde conectou coa corrente manierista. En Boloña coñeceu (1533) a Carlos V, que o nomeou pintor de cámara. Autor de retratos de personaxes ilustres como Francesco Maria della Rovere (1536-1538), a súa produción deste período caracterizouse polo refinamento e a suntuosidade (Venere di Urbino, 1538)...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de veciño.

    2. ínculo que une os veciños dun termo municipal pola comunidade de intereses, dereitos outorgados ao concello e deberes impostos polas leis. A condición de veciño permite estar empadroado.

    3. Conxunto de persoas que viven nun mesmo edificio, barrio ou poboación.

    4. Conxunto de lugares próximos a aquel do que se fala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moita idade.

    2. Que é experimentado e sabido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Nas súas obras primaron os escenarios arquitectónicos en detrimento das figuras, empequenecidas e sometidas ao marco. Tocou temas alegóricos (As catro estacións), costumistas (A Alsaciana), paisaxistas (Vista da Graña), relixiosos (A Visitación) ou históricos (A morte de Cómodo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Francisco de Fientosa, estudou filosofía e letras na Universidad Central de Madrid. Da súa obra destacan Lendas (1931), Triángulo isósceles (1934) e El alba del quechemarín (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado no sector N da illa de Gran Canaria (6.979 h [2001]). A súa economía é agropecuaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora, condesa de Espoz y Mina. Acolleu nos salóns da súa casa da ; Coruña aos liberais que conspiraban contra Ramón María Narváez. Con Concepción Arenal, cofundou un padroado de señoras para a visita e o ensino dos presos e foi unha das organizadoras dos Xogos Florais de Galicia celebrados na Coruña. Publicou Memorias del general Espoz y Mina (1850-1852), en cinco volumes; e Historia interior del Palacio (1841-1843), que deixou manuscrito e que se publicou en 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, profesor e director teatral. Formado no Institut del Teatre de Barcelona, participou nos espectáculos Romería ás Covas do Demo (1969) e Macbeth (1975), con Teatro Circo; e dirixiu A boda de Esganarello (1981) e Para que queredes un poeta vivo (1984), da Escola Dramática Galega, da que foi cofundador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia desde maio de 2004. Licenciado en Ciencias da Información en Barcelona, comezou en La Voz de Galicia e na CRTVG (1986), medio no que estivo na sección de deportes, informativos (1988-1991) e xornalismo parlamentario (1991-2002). Dirixiu o programa Parlamento (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de alimentación vexetariana da que se exclúe calquera produto de orixe animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao veganismo.

    2. Persoa que adoptou o veganismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Lingüista. Catedrático de Lingua Castelá na Universidade de Santiago de Compostela (2002), foi fundador da revista Moenia. Revista lucense de lingüística e literatura, da que é codirector, e dirixe as coleccións de libros Lucus-Lingua, Lingüística e Grammaton e Logophiles. Como autor publicou Condicionales, concesivas y modo verbal en español (1992), La forma verbal española cantara en su diacronía (1996), Estudios de morfosintaxis verbal española (2002) e El subsistema vocálico español (2002); e como editor destacan La descripción del verbo español (1990), Estudios lingüísticos (1998), Da morfoloxía ao dicionario. Estudios de lingüística galega (2001), Léxico y Gramática (2002) e Gramática e léxico em sincronia e diacronia. Um contributo da lingüística portuguesa (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro que puido estar situado na Veiga (Celanova). Está documentado no s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Profesor de historia contemporánea na Universidade da Coruña, especializouse en temas de historia social de Galicia. Das súas obras destacan A sociedade galega da Restauración na obra de Pardo Bazán (1875-1900) (1987), Agitacións campesinas na Galiza do século XIX (1995), Galiza na II República (2000) e O agrarismo galego (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, VIII condestable de Castela, II duque de Frías (1512), IV conde de Haro e cabaleiro do Toisón de Ouro. Durante o conflito das Comunidades de Castela, formou parte do Consello de Rexencia e levou á aristocracia a secundar a causa real. Venceu os comuneiros en Villalar e os franceses en Logroño e Hondarribia.

    VER O DETALLE DO TERMO