"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Termo do latín dos chafoutas que corresponde á voz ‘fiestra’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abertura feita nun valado, nun muro ou parede para permitir o paso.

    2. Porta rústica que serve para pechar esta abertura.

    3. Abertura ou xanela pequena por onde se atende ao público en oficinas ou en despachos de billetes.

    4. Abertura que se fai nos costados dos barcos, pechada cun cristal groso, que serve para que entre claridade e ventilación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Ventosa (Agolada). Construída no s XIII, presenta nave única cunha sancristía anexada ao alzado N da ábsida. Destaca a fachada principal, rematada nunha espadana de dous vans e cunha portada principal que leva dúas arquivoltas. Os tímpanos son lisos e os capiteis levan decoración vexetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Foi alcalde de Ribeira, membro da Comisión Executiva do PSdeG-PSOE (1987-1994), deputado autonómico (1990-1997) e voceiro do grupo socialista no Parlamento de Galicia (1993-1997). Das súas obras destacan Galicia en terra allea (1997), A pesca está no vento (2001), Os señores do mar (2002) e As sombras dos mortos: historias de naufraxios en Cabo Corrubedo (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e inventor italiano. Foi profesor en Modena e París. Estudou cuestións relacionadas coa calor, a óptica, as cores e os sons audibles. Destacan as súas investigacións sobre os fluídos, en que deu a coñecer o tubo que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao planeta Venus.

    2. Presunto habitante do planeta Venus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estación máis calorosa do ano, entre a primavera e o outono. No hemisferio norte vai desde o 21 ou 22 de xuño ao 22 ou 23 de setembro, e no hemisferio sur do 22 de decembro ao 21 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que veranea nun sitio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pasar as vacacións de verán nun sitio determinado, distinto de onde se vive.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de veranear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Piemonte, Italia (2.255 km2; 158.999 h [2001]). A capital é Verbania (30.079 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea dioica, rizomatosa, de ata 50 cm de altura, con follas simples, oblongas e pecioladas e flores rosadas ou brancas dispostas en corimbo. Florece na primavera en zonas húmidas. Emprégase como planta medicinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e escritor. En 1870 foi ordenado sacerdote. A súa obra nace de dúas fontes, a nostalxia e o soño. Unha boa parte dos poemas relixiosos son lendas ou alegorías populares, como Montserrat (1880). Lo somni de Sant Joan (1887) constitúe unha evocación das grandes figuras da historia da Igrexa. A triloxía Natzaret (1890), Betlem (1891) e La fugida a Egipte (1893) canta a infancia de Xesús. A expresión máis xenuína da nova produción son dous poemas épicos, de factura romántica, L’Atlàntida (1877), onde canta lendas dos tempos heroicos da humanidade; e Canigó (1886). Cultivou tamén a prosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘figo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Verea. Datada no s XVI, sufriu algunhas reformas posteriores. Presenta unha nave única de dous tramos, cun arco triunfal que dá acceso ao presbiterio. A fachada, de trazos clásicos e pouco decorada, ten unha fornela coa imaxe de Santiago sobre a portada principal, que remata con espadana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Casado cunha filla do editor Manuel María Vila, del herdou os obradoiros tipográficos cos que se estableceu primeiro en Vigo, onde foi o segundo editor na cidade (1835), e logo en Pontevedra (1836). Co tempo estableceuse en Tui (1852-1853). A súa viúva e fillos continuaron co negocio á súa morte, coa edición do Bosquejo histórico de Galicia (1854), de Xoaquín Araújo, e dun libro de López de la Vega, Santa Cristina de Valeije (1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Representante do verismo, nas súas obras reflectiu unha Sicilia primitiva. Publicou as novelas Storia di una capinera (1871), I Malavoglia (1881), Mastro don Gesualdo (1889) e Cavalleria rusticana (1884); as narracións Vita dei campi (1880) e Per le vie (1883); e o drama Dal tuo al mio (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da República de Jakuzia-Saha, Rusia, situada no N do círculo polar, na beira do Jana (2.000 h). É un dos puntos máis fríos do hemisferio boreal, cunha temperatura mínima de -78°C.

    VER O DETALLE DO TERMO