"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de san Salvador, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribadeo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ensaísta e crítica literaria. Doutora en Filoloxía Galega e DEA pola École des Hautes Études en Sciences Sociales do CNRS (París), é profesora de literatura galega na Universidade de Santiago, especializada en narrativa e teatro galego contemporáneos. Colaboradora e membro do consello de redacción de Grial, desde 2003 dirixe o Anuario de estudos literarios galegos, que en 1992 contribuíra a poñer en marcha baixo a dirección de Xoán González-Millán. Colabora como crítica literaria en revistas especializadas, como Tempos novos, e semanalmente dirixe a páxina literaria do “Diario cultural” da Radio Galega. Como investigadora, coordinou o Dicionario da literatura galega (4 vol 1995-2003). Ademais de coeditar obras clásicas como Follas novas, Retrincos. Un ollo de vidro, A festa da malla, O castelo de Pambre ou o epistolario cunqueiriano Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a F. Fernández del Riego (2003), publicou A recepción inmanente de Neira Vilas (1990), Sobre narrativa galega contemporánea...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo concello da provincia de Pontevedra integrado desde 1912 no de Vilagarcía de Arousa. A súa capital era Vilaxoán, integrada no parroquia de Sobrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto pesqueiro situado na ría de Arousa nunha zona de importancia marisqueira. Ten un calado de 3 m e conta cun espazo reservado a talleres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote. Profesor no Seminario Conciliar de Tui, escribiu a obra inédita Anales Tudenses, sobre o cerco de Tui polos franceses. Xunto co catedrático Juan José Domínguez escribiu o primeiro libro de texto latino do seminario: Gramática Latina (1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Coñecido como Bola de Nieve, na década de 1930 trasladouse a México, onde comezou a súa carreira internacional que o levou a diversos países de América e Europa. Destacaron as súas intepretacións de temas coñecidos como “La vie en rose” ou “La flor de la canela”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario mexicano. De nome Doroteo Arango, en 1910 apoiou a Madero contra Porfirio Díaz. Iniciou a revolta agrarista en 1913 no norte de México e aceptou o Plan de Guadalupe despois de que Victoriano Carranza se unise aos insurrectos. A súa alianza con Pascual Orozco e Emiliano Zapata permitiulle ocupar Ciudad de México. O goberno venceuno varias veces despois de que rompese a súa unión con Carranza e terminou por refuxiarse no norte onde continuou coa súa carreira de bandoleiro. Despois da caída de Carranza (1920), deixou as actividades guerrilleiras e retirouse a unha facenda ata o seu asasinato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado en La Tierra Llana (2.093 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Participou na Revolución de 1854 e loitou contra os carlistas. Foi separado do exército polas súas ideas republicanas (1877), posteriormente readmitido, despois pasou á reserva (1883). De acordo con Ruiz Zorrilla, sublevouse en Madrid en favor da república (1886), pero, fracasada a insurrección e abandonado polos seus soldados, foi feito prisioneiro e condenado a morte. Indultado, deportárono a Fernando Poo e despois a Melilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Toledo, Castela-A Mancha, bañado polo río Riánsares, afluente do Tajo (8.805 h [2001]). Ten industrias dos sectores do moble e da confección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado na comarca do Bierzo, onde conflúen os ríos Burbia e Cua, afluentes do Sil (2.223 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cultivou a poesía modernista, a prosa e o teatro. Destaca en prosa La copa del rey de Thule (1900) e a obra de teatro El alcázar de las perlas (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Nafarroa, bañado polo río Aragón, afluente do Ebro (2.547 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado ao NL da capital provincial (3.703 h [2001]). A agricultura baséase nos cereais e nas oliveiras, e no gando porcino e lanar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado en La Tierra de Barros (12.487 h [2001]). A súa agricultura baséase nos cereais, no gando porcino e na industria avícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha (5.262 h [2001]). Está bañado polo río Gigüela, afluente do Guadiana. Ten industria do azafrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (191 h [2001]). Localizado na fronteira oriental do Reino de Castela, no lugar da cidade romana de Auca, foi sé episcopal ata 1075. Repoboada por colonos francos, en 1380 a Raíña Xoana Manuel fundou o hospital de San Antonio Abad. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santiago (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO