Villafranca de Montes de Oca

Villafranca de Montes de Oca

Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (191 h [2001]). Localizado na fronteira oriental do Reino de Castela, no lugar da cidade romana de Auca, foi sé episcopal ata 1075. Repoboada por colonos francos, en 1380 a Raíña Xoana Manuel fundou o hospital de San Antonio Abad. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santiago (s XVIII).