"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Óso da serie opercular dos peixes óseos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto preordinar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ordenar ou predeterminar Deus as cousas por adiantado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serras máis próximas aos Pireneos axiais. Hai un Prepireneo setentrional dentro da conca do Garonne, e un Prepireneo meridional, na do Ebro. A zona de fricción entre ambas as dúas unidades tectónicas está ben desenvolvida entre o Pireneo axial central, onde predominan o granito e as lousas, e o Prepireneo meridional, con formacións calcarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra francés. Discípulo de A. Cluytens, foi director dos teatros da ópera de Marseille (1948), Lille e Toulouse (1946-1955). Trasladouse posteriormente a París e foi nomeado director estable da Opéra Comique (1955-1959) e do Théâtre Nacional de l’Opéra (1970-1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición poética grecolatina en honor do deus Príapo. De orixe relixiosa, co tempo perdeu este significado e adquiriu un contido artificioso e obsceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Cunha gran capacidade para a dramatización, posúe unha voz escura e ampla. En 1959 debutou no Covent Garden de Londres e en 1962 na Scala de Milán. Acadou sona internacional coa ópera Porgy and Bess (1952), de Gershwin, convertendose na primeira soprano afroamericana en triunfar nos escenarios operísticos de todo o mundo. Retirouse en 1990 no Metropolitan Opera de Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás primuláceas.

    2. Planta da familia das primuláceas.

    3. Familia de primulais formada por plantas herbáceas, de follas simples basais e regulares, hipóxinas e pentámeras, e froitos capsulares. Son propias das rexións holárticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio, na Grecia antiga, en que se conservaba o lume sagrado de Hestia e se efectuaban diversos sacrificios. O seu nome derivou dos prítanos, que substituíron o rei no exercicio das funcións sacras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos proboscídeos.

    2. Mamífero da orde dos proboscídeos.

    3. Orde de mamíferos que comprende animais de gran volume, coas extremidades alongadas e robustas, e cinco dedos unidos por unha membrana para formar unha base sólida, provistos de pequenos pezuños. Presentan unha longa trompa olfactiva e prénsil, formada pola fusión do nariz e o labio superior. Os seus incisivos superiores forman unhas longas defensas que medran continuamente e poden alcanzar ata 3,5 m de lonxitude. A súa pel é grosa e con pouco pelo e son de réxime herbívoro. Pertencen a esta orde o elefante de sabana (Loxodonta africana) e o elefante asiático (Elephas maximus).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porción terminal e abdominal do tracto dixestivo dos metazoos celomados, formada por invaxinación do ectoderma do embrión, que se une ao endoderma do extremo posterior do tubo dixestivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e escritor. É autor de diversas obras novelísticas, como Os amores de Rodante e Dosicles e A batalla dos ratos e o gato, ademais de diálogos imitados de Luciano e das composicións poéticas coñecidas como poesías prodrómicas, sátiras que dan testemuño dos costumes da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa rexional da Unión Europea, con vixencia entre 1986 e 1992, destinado a modernizar as economías das rexións mediterráneas, afectadas pola competencia de España e Portugal na ampliación a doce estados da UE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e escritor ucraíno. Ortodoxo, foi nomeado bispo (1708) e converteuse no brazo dereito da reforma de Pedro I de Rusia. Elaborou o Regulamento eclesiástico (1721), polo que o patriarcado foi substituído polo sínodo, como órgano de administración suxeito ao tsar. Escribiu tamén un curso de Poética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía grega, da raza dos titáns. Fillo de Xapeto e de Clímene, unha das oceánides, favoreceu os homes doándolles o lume arrebatado, por vinganza, a Zeus. Este castigouno atándoo a unha columna e mandándolle unha aguia para que lle devorase o fígado, que sempre se lle reproducía. Foi considerado o creador dos humanos, portador do lume e da sabedoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Núcleo do oocito e do espermatozoide desde a maduración ata a fecundación, momento en que se funden os dous pronúcleos (cariogamia) e se orixina o núcleo único (sincarión) do cigoto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Freo dinamométrico empregado para determinar a potencia efectiva de motores ou de máquinas de vapor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entrada de honor dun edificio público ou dun conxunto monumental. Na Antigüidade era un tipo de construción que servía para introducir, amodo de vestíbulo, nun santuario ou nunha ágora. Atópanse exemplos no mundo asiático (Persépolis), en Exipto, de época tardía, e en Grecia, onde existen xa nos períodos minoico e micénico e onde na época clásica adquiriron gran monumentalidade, como os da Acrópole de Atenas, construídos por Mnesicles (437-432 a C). No neoclasicismo imitáronse os antigos, como os erixidos en Múnic por Leo von Klenze. OBS: Adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estancia que na palestra grega precede ao baño quente.

    2. Dependencia destinada a quentar auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás proteáceas.

    2. Planta da familia das proteáceas.

    3. Familia de árbores ou arbustos, da orde das proteais, con follas simples e duras,hermafroditas ou unisexuais, e froito disposto en drupa.

    VER O DETALLE DO TERMO