propileo
propileo
(
s
m
[ARQUIT]
Entrada de honor dun edificio público ou dun conxunto monumental. Na Antigüidade era un tipo de construción que servía para introducir, amodo de vestíbulo, nun santuario ou nunha ágora. Atópanse exemplos no mundo asiático (Persépolis), en Exipto, de época tardía, e en Grecia, onde existen xa nos períodos minoico e micénico e onde na época clásica adquiriron gran monumentalidade, como os da Acrópole de Atenas, construídos por Mnesicles (437-432 a C). No neoclasicismo imitáronse os antigos, como os erixidos en Múnic por Leo von Klenze. OBS: Adoita empregarse en plural.