"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado ao NO da serra de Cazorla (8.576 h [2001]). Atópase no Parque Natural de Cazorla. A súa economía baséase na agricultura, na gandaría bovina e no turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado en Los Pedroches, en Sierra Morena (1.725 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura, ao S de Alconchel, na fronteira con Portugal (3.551 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado na beira esquerda do Guadarrama (6.431 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Murcia, situado no val do Segura, ao L da serra do Cajal (1.572 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Sevilla, Andalucía (5.218 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado en El Campo de Antequera (3.422 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado en El Campo de Antequera e regado polo río Guadalhorce (4.841 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Director do Servizo de Cirurxía Cardiovascular do Hospital Provincial de Santiago de Compostela, foi pioneiro no emprego de novas técnicas cirúrxicas no campo da cirurxía arterial.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na Vega de Granada e regado polo río Genil (2005 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ensaísta e investigador. Doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidad Autónoma de Madrid e catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela. Foi reitor da USC (1994-2002), vicepresidente da Conferencia de Rectores de Universidades Españolas (2001-2002) e membro do comité científico da Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (desde 2003). Forma parte dos consellos editoriais e comités científicos de máis dunha vintena de publicacións periódicas, e os seus traballos traducíronse ao inglés, francés, portugués, ruso e árabe. Publicou, ademais de numerosos artigos de crítica literaria, El Jarama de Sánchez Ferlosio; su estrutura y significado (1973), Estrutura y tiempo reducido en la novela (1977), El comentario de textos narrativos: la novela (1989), El polen de ideas. Teoría, crítica, historia y literatura comparada (1991), Trayectoria de la novela hispanoamericana actual (1991), con...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Lugo 27.1.1959) Escritor. Foi xerente da Universidade de Santiago de Compostela (1988-1990) e concelleiro en Santiago (1991-1999). Ademais de colaborar en diversas rodaxes do equipo Imaxe, escribiu Adeus, India, adeus (2000) e Cuarteto con piano (2003).
-
GALICIA
Militar e agrarista. Defendeu o traballo do pequeno propietario alodial, colaborou en diversas publicacións baixo o pseudónimo de Un labrador a la moderna e participou na Geografía general de Galicia de F. Carreras Candi. Publicou diversas obras e postumamente editouse Organización del cultivo y de la sociedad agraria en Galicia y la España Altántica (1984) e Los grandes problemas del campo (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Graduouse en París en 1928. Tentou renovar o estilo colonial, pero axiña se adheriu ás teorías de Le Corbusier. En 1944 proxectou a Ciudad Universitaria de Caracas, onde sobresaen o Estadio Olímpico (1950) e o Instituto de Farmacia (1963). Realizou tamén a Ciudad Residencial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Estudou en Roma (1758-1765) e, de volta a Madrid, en 1768 foi nomeado arquitecto de El Escorial, onde fixo a Casa de los Infantes (1771) e a Casita de Abajo (1773). Proxectou tamén a Casita del Príncipe (1784) de El Pardo e o Museo del Prado (1785). Construíu, tamén en Madrid, a Casa del Nuevo Rezado, sede da Real Academia de la Historia (1788), o Oratorio del Caballero de Gracia (1789) e o Observatorio Astronómico (1790), e reformou a Plaza Mayor (1791).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
María Isaura Vázquez Blanco.
-
PERSOEIRO
Escultor. Instalado en Bretoña (A Pastoriza), creou o Museo Pedagóxico-Etnográfico Villapol. Das súas obras destacan a Homenaxe a un bretón desaparecido (Bretoña) e Contemplade (A Fonsagrada).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Membro do colectivo poético Cravo Fondo (1977), participou na fundación do PEN Club de Galicia e preside a Fundación Casa-Museo de Rosalía de Castro. Publicou os poemarios Alalás (1972) e, en colaboración con X. Rábade Paredes, No aló de nós (1981, Premio Galicia) e O sangue na paisaxe (1980, Premio Manuel Antonio), ambos inmersos nun intimismo pesimista, no contorno característico da paisaxe galega. A estes seguíronlles Rosalía no espello (1985), Álbum de fotos (1999) e Nas hedras da clepsidra (1999, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1991). No apartado narrativo destacan as novelas Morrer en Vilaquinte (1980, Premio Galicia), en colaboración con X. Rábade Paredes, e O enterro da galiña de Domitila Rois (1991), ademais dos libros infantís Patapau (1984), Viaxe á Illa Redonda (1987), Belidadona (2002), Na praia dos lagartos (2004) e Raúl (2005). No apartado de ensaio...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Coñecido como Amado Villar Novaiz ou O Meleiro, emigrou a Bos Aires, onde colaborou en publicacións como Caras y caretas e El Hogar. De volta en Galicia, traballou na prensa viguesa e colaborou en revistas literarias, como Ronsel. Sobre o 1926 volveu a Bos Aires, onde coñeceu a F. García Lorca. Publicou os poemarios Del amor y del alma (1918), La serena exaltación (1921), Versos con sol y pájaros (1927) e Marimorena (1934), e a novela Carne triunfal (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e político, irmán de Ramón Villar Ponte. Licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela (1901) e desde moi novo interesouse pola política, un aspecto que xa se albiscaba nas súas primeiras colaboracións xornalísticas, especialmente nos artigos do semanario republicano Nueva Brisa, fundado por el mesmo. Durante a súa estadía en Santiago militou na á esquerda do republicanismo e colaborou en El Combate. En 1904 estableceuse como farmacéutico en Foz e participou na redacción do periódico satírico Guau-Guau; ademais seguiu colaborando con outros xornais de corte liberal e republicano de Galicia e do resto de España. Relacionado con Leiras Pulpeiro e Noriega Varela, grazas á súa influencia relacionouse co galeguismo e coa escrita, tal e como amosa a publicación anticaciquil A pátrea do labrego (1905). En 1906 marchou a Madrid, onde exerceu como xornalista de El País. Ao ano seguinte decidiu regresar a Galicia e participou...
VER O DETALLE DO TERMO