Villar Janeiro, Helena

Villar Janeiro, Helena

Escritora. Membro do colectivo poético Cravo Fondo (1977), participou na fundación do PEN Club de Galicia e preside a Fundación Casa-Museo de Rosalía de Castro. Publicou os poemarios Alalás (1972) e, en colaboración con X. Rábade Paredes, No aló de nós (1981, Premio Galicia) e O sangue na paisaxe (1980, Premio Manuel Antonio), ambos inmersos nun intimismo pesimista, no contorno característico da paisaxe galega. A estes seguíronlles Rosalía no espello (1985), Álbum de fotos (1999) e Nas hedras da clepsidra (1999, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1991). No apartado narrativo destacan as novelas Morrer en Vilaquinte (1980, Premio Galicia), en colaboración con X. Rábade Paredes, e O enterro da galiña de Domitila Rois (1991), ademais dos libros infantís Patapau (1984), Viaxe á Illa Redonda (1987), Belidadona (2002), Na praia dos lagartos (2004) e Raúl (2005). No apartado de ensaio destacan Eduardo Blanco Amor con Auria ao fondo (1993) e Feminino plural (2003).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Becerreá