"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • (Redondela? 1682? - 1753?) Escultor e entallador. Formouse na diocese de Tui. Artista barroco, realizou o retablo da Expectación da catedral de Tui (1722-1728), onde fixo outras obras, e os retablos maiores de Santa María de Reboreda (Redondela), da colexiata de Santa María de Baiona (1726), da capela de Santa Liberata de Baiona (1738) e de San Domingos de Tui (1742), ademais doutras obras como diversas imaxes para o paso do Encontro do Venres Santo do convento de Santa Marta de Vigo, das que destacan o Nazareno coñecido como o das Tres Grazas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como Marisa Villardefrancos, colaborou en distintos xornais madrileños (El Magisterio Español e Escuela Española), publicou libros de lectura escolar ( Lluvia de estrellas, 1948), comedias, contos e poesías infantís (Diario de una muñeca, 1944, ou Te veré un día, 1950), pezas teatrais infantís, e guións para Radio Madrid ou para cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado en La Alcarria (5.778 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura de secaño e regadío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política e economista. Foi asesora económica do concello de Santiago de Compostela (1989-1991). Membro do PSdG-PSOE, foi concelleira do concello de Vigo (1991-2001) e deputada no Parlamento de Galicia desde 1997. En 2005 converteuse na primeira muller en presidir o Parlamento galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso bieito. Foi abade do mosteiro de San Salvador de Lourenzá (1709-1713 e 1721-1725) e bispo de Puerto Rico. Escribiu Scena sacra de varias oraciones panegyricas (1702) e Tautologias (1703-1729).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, regado polo Tajo (2.820 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, no sector nororiental da provincia (2.971 [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alfonso Álvarez de Villasandino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido por Carlos III en 1761, co vizcondado previo de Bustocirio, a Pedro de Alcántara Teijeiro de Valcarce e Enríquez de Cabrera (?-1790). A última posuídora legal do título foi Carolina Teijeiro Herrera-Dávila (1867-1934), V marquesa e condesa de Val de Aguila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e ensaísta cinematográfico. Fundador do Grupo de Escritores Cinematográficos Independientes (GECI), exiliouse en 1939 e residiu en Bos Aires, onde fundou e dirixiu o Centro de Estudios Cinematográficos (1950). Regresou a Madrid en 1953. Publicou Espectador de sombras. Crítica de films (1935), Arte de masas. Ruta de los temas fílmicos (1935), El cine: Magia y aventura del séptimo arte (1940), Cine de medio siglo. Crónica y crítica (1946), El cine en la sociedad de masas (1966) e Los grandes hombres del cine (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi coñecido pola miscelánea en prosa e verso Inventario (1565), onde recolle a novela mourisca Historia del Abencerraje y la hermosa Jarifa, que se lle atribúe e que tamén aparece intercalada na Diana de J. de Montemayor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Destacado precursor do neoclasicismo en España, foi autor das Eróticas o amatorias (1617-1618), composicións de métrica diversa, das que destacan as cantilenas e as anacreónticas, e versións de Horacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés, conde de Villèle. Membro da sociedade secreta dos Cabaleiros da Fe (1813), foi ministro sen carteira (1820-1821) e de Facenda (1821) do goberno de Richelieu. Presidente do Consello de Ministros (1822), realizou unha política conservadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico militar francés. Investigou a tuberculose e demostrou, antes de que Koch descubrise o bacilo que a produce, a súa transmisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento do Rhône, Francia, que forma parte da aglomeración urbana de Lyon (124.215 h [1999]). É un núcleo de industria metalúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome sueco de Lappeenranta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De nome François de Montcorbier, adoptou o apelido do seu protector, grazas ao que se licenciou en Artes (1452). A edición das súas obras foi póstuma (1489): un poema de 320 versos, Le lais, escrito cara a 1456; o Testament (1461-1462), con máis de 2.000 versos, dezaseis composicións diversas e sete baladas en argot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo. De orixe galega, retirouse ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil sen báculo nin mitra, nin escudeiros nin curia eclesiástica, pobre e humilde, pedíndolle a san Franquila unha cela e unha cogula. Viviu unha vida de recollemento e de oración. A súa festividade celébrase o 26 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO