Vímara, san
Vímara, san
Bispo. De orixe galega, retirouse ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil sen báculo nin mitra, nin escudeiros nin curia eclesiástica, pobre e humilde, pedíndolle a san Franquila unha cela e unha cogula. Viviu unha vida de recollemento e de oración. A súa festividade celébrase o 26 de xaneiro.